Novas por contido

Convocadas as catro centrais sindicais, CIG, UXT, CCOO e CSIF a unha reunión no dia de hoxe, 29 de agosto de 2016 as 13:00 hs, coa Dirección Xeral da Función Pública e a Consellería do Medio rural sobre o documento proposto do Acordo, presentan as seguintes modificacións sobre o documento da Comisión de Persoal do día 9 de agosto de 2016:

  • Retirada do termo peón no cambio de denominación a Bombeiro Forestal obxecto do Acordo.
  • Segunda Actividade: Implantación progresiva acadando o paso a segunda actividade durante todo o ano para o 2018.
  • Funcionarización: Se inclúen todas as categorías do SPDCIF.
  • Taxa de temporalidade: Se ofertará como mínimo un 20% da OPE (excluído Sergas e Educación) no período comprendido entre o 2017 e 2020 no SPDCIF.
  • Comisión de seguimento do Acordo: Tratará do procedemento da funcionariazación do colectivo fixo descontinuo, así como das categorías obxecto de inclusión nas OPEs.

Ante o recoñecemento por parte da Administración das demandas das organizacións sindicais procedemos a desconvocar a manifestación que estaa programada para o vindeiro 1 de setembro.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...