Novas por contido

A CIG valora o acordo acadado positivamente pero como todo acordo, imaxinamos que non contentará a todo o colectivo, aínda así detallaremos o que ven a recoller o texto que foi aprobado na Comisión de Persoal do 5 de Setembro, acordo baixo o noso parecer como histórico para todo o colectivo do SPDCIF:

Primeiro.- Establece para o colectivo a realidade da súa auténtica profesión. A CIG dende o principio apostou por un servizo profesional público é único e con este acordo entendemos que se apuntala de forma clara a profesionalización do dispositivo, polo tanto somos partidarios de que a consecución da categoría de bombeiro forestal é fundamental.

Dende este sindicato iniciáronse os procedementos do recoñecemento da categoría de bombeiro forestal coa sinatura do V Convenio Colectivo do Persoal Laboral da Xunta de Galiza, onde dende o ano 2008 se fixaban dous puntos fundamentais; o cambio de denominación da categoría a bombeiro forestal e a consideración do SPDCIF como un Servizo de Emerxencias.

No ano 2014 iníciase o estudo da elaboración de Proposicións Non de Leis (PNL`s) para acadar o apoio parlamentar para o cambio da denominación da categoría e os correspondentes dereitos que conleva. Este traballo elabórase non só dende a Galiza senón que tamén se leva o traballo conxunto coa plataforma PASBF para presentar o mesmo tipo de PNL no conxunto do estado.

A CIG leva a primeira PNL en Febreiro de 2015 ao Parlamento Galego, obtendo o apoio da oposición e o voto contrario do PP. Volvemos levalo de novo en Outubro de 2015 e o PP volve a votar encontra. Como anécdota, dicer que o Partido Popular noutras comunidades autonómas votaron a favor do recoñecemento da categoría de bombeiro forestal, argumentando o recollido no R.D. 1591/2010, do 26 de Novembro, pola que se aproba a Clasificación Nacional de Ocupacións (CNO – 2011), mentres eiquí todo o contrario. Seica na nosa Galiza non coñecían o R.D. 1591/2010!!!

Ante a negativa do PP, seguímolo intentando polas vías que temos, denuncia a Inspeción de Traballo, a Seguridade Social, e a un larguísimo etc...

A CIG entende que se establece un diálogo diferente coa administración, cando se produce o troco de conselleira, iniciándose unha negociación con tódolos sindicatos dunha forma moito mais aberta, rematando o proceso despois dunha larga e dura negociación.

A obtención da categoría de bombeiro forestal entendemos que abre o camiño ao recoñecemento do traballo que desenvolvemos durante todo o ano, ás enfermidades profesionais e a aplicación dos coeficientes redutores de xubilación aos traballadores que actúan directamente na extinción do lume. Temos que facer un engadido, xa que quedan fóra, de momento, do recoñecemento da categoría os Técnicos de brigadas helitransportadas. Aínda que tódalas OOSS solicitamos a súa inclusión non foi posíbel. A CIG requeriuno por escrito ata o derradeiro momento.

Tamen existe un colectivo concreto que pode non interpretar este acordo como unha mellora, o persoal de traballadores de 3 meses, que sen ningunha dúbida é o colectivo coas peores condicións laborais. Dende a CIG, baseándonos nas novas competencias do SPDCIF, que veñen recollidas na nova Lei de Proteción Civil do Estado Español, levamos ao Parlamento Galego o 30 de Maio de 2016 unha PNL para o incremento de traballo de 3 a 9 meses, baseándonos nas novas unidades de competencia do dispositivo. Obtendo o apoio de novo de toda a oposición e a promesa de estudalo polo PP.

Segundo.- Establécese unha segunda actividade recollida no V Convenio Colectivo do Persoal Laboral da Xunta de Galiza, a cal afectará a traballadores que teñan cumpridos os  60 anos, os cales poderán acollerse a ela de forma voluntaria. Éste punto do acordo é fundamental para reducir o risco potencial que estes traballadores poden sufrir ao estar en primeira liña de lume, estendéndose a segunda actividade á totalidade do ano para o 2018.

Este punto ten unha vantaxe adicional, e moi importante, xa que non só diminúe as situacións de risco para a saúde dos compañeiros de 60 anos, senón que serán sustituidos por compañeiros que se atopan no Decreto de lista 37/2006, fixando de novo, novos postos de traballo no SPDCIF.

Terceiro.- Funcionarización. Aínda que non foi unha cuestión plantexada polo conxunto das organizacións sindicais mediante os diferentes comunicados, Función Pública recolleuna nas súas propostas. O proceso de funcionarización deberá comenzar, dacordo co texto aprobado na Comisión de Persoal a partires do 2017, afectando a todas as categorías do SPDCIF. Deberá aprobarse unha Lei no Parlamento Galego, onde se recolla tal funcionarización, e a creación das diferentes escalas do persoal (categorias), coa súa denominación, especialidades e funcións. Somos conscientes que esta negociación vai ser un proceso no tempo, aínda que pola CIG faremos o posíbel para que se materialize canto antes. O persoal laboral fixo discontínuo de 9 meses, dacordo coas manifestacións realizadas pola Secretaría Xeral Técnica verá incrementado o tempo de traballo ata chegar aos 12 meses para a súa incorporación ao corpo de funcionarios.

Cuarto.- Redución taxa temporalidade. Conqueriuse, con moito esforzo, que a Consellería de Facenda oferte da totalidade da Oferta de Emprego Público (OEP) dos anos 2017, 2018, 2019 e 2020, un 20 % como mínimo (prazas vacantes) para o SPDCIF, desta volta, para paliar a brutal temporalidade existente no noso servizo. Dado a eventualidade no emprego público coa que contan tódalas consellerías da Xunta de Galicia, entendemos dende a CIG un importantísimo avance para rematar coa precariedade no SPDCIF.

En definitiva, co acordo que se asinará nuns días, a CIG recoñece a mellora nas condicións laborais do persoal do SPDCIF, melloras que se foron reivindicando no tempo. Sabemos que quedaron eivas, e algunhas delas importantes de cara á estabilidade laboral do persoal. Isto non remata eiquí, continúa a negociación, ésta vai ser longa no tempo; non cesaremos nas nosas pretensións de que todo o persoal do SPDCIF poida desfrutar das mellores condicións laborais.

Outras novas recentes

Mércores, 05 Agosto 2026

Xuntanza informativa sobre as eleccións de destino (05/08/26)

Nesta xuntanza comunicáronsenos as datas relevantes de resolucións de adxudicacións de destino, cesamentos, incorporacións, tomas de posesión e outras informacións sobre escolas infantís (A2 e C1), persoal auxiliar coidador, escalas sociosanitarias, e outros asuntos (comisións de servizo, conciliación, adaptacións de postos, prestacións por embarazo e COMEs).
 
Na reunión...
Martes, 28 Xullo 2026

Cadro de persoal de investigación de carácter laboral da comunidade autónoma; elección de destino de Gain (MX 23/07/26)

A creación do cadro de persoal de investigación laboral nos organismos de investigación veu á Mesa sen negociación previa coa representación das traballadoras e traballadores de cada entidade, deixando fóra 32 organismos dos 50 recoñecidos oficialmente, excluíndo ao persoal de xestión da innovación e omitindo as funcións efectivas dos postos, ademais dunha clasificación...
Luns, 27 Xullo 2026

Nomeamento como persoal funcionario dos subgrupos A1, A2, C1, C2, persoal subalterno e apertura do prazo posesorio

No DOG do 27/07/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244,...