Novas por contido

Nestes días a provincia de Ourense está sendo un inferno. Un inferno de lume en concellos coma Oímbra, Muiños, Boborás ou Lobios, nos cales xa van arrasadas máis de 3.500 hectáreas a data do 7 de Setembro.

As condicións ambientais coma pode ser a seca, calor e vento de forma prolongada implica unha continúa vaga de incendios de grandes dimensións que poden levar ao descontrol durante varios días. É evidente a intencionalidade dos lumes, aínda así a problemática estructural dos incendios forestais na nosa comunidade non se chegou a debater pola falta de interés da propia Xunta de Galicia, preocupada en afastar dito debate do día a día, conquerindo confundir a cidadanía con supostas detencións e ou identificacións de supostos incendiarios, que máis tarde son postos en liberdade sen cargos.

Cando decimos que non se tomaron medidas preventivas para radicar ou minimizar ao máximo os incendios forestais, consecuentemente as hectáreas queimadas, é que dispomos de datos. Datos que ademáis foron publicados na mesma prensa escrita no ano 2015, cando os propios alcaldes dos concellos que integran o Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés, Lobios, Muiños e Entrimo, manifestaron que non podían facerse cargo das labouras preventivas no parque natural en toda a súa extensión, precisando medios para acometer dita prevención.

A propia Xunta de Galicia mantén medios propios no Parque Natural do Xurés, pero insuficientes para mantér a extensión do Parque Natural en condicións óptimas para que os incendios forestais que se cheguen a producir non teñan consecuencias dramáticas.

Denunciamos que a Xunta de Galicia mantén nas inmediacións do Parque Natural do Xurés un tractor desbrozador inoperativo dende o ano 2015, polo que é imposibél ou inviábel que se realicen medidas preventivas. Non é de recibo que no Parque Natural con máis extensión da comunidade galega teñan medios dos cales non poden facer uso por mór de averías. Algún cargo dentro da Conservación da Natureza, dependente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, deberá dar as correspondentes explicacións a istes feitos. Tamén reseñar que no propio parque natural ata fai ben pouco non existía a figura de director do parque ou xefe de área. Unha chapuza máis, que nos leva a pensar da falta de interés do goberno de Feijóo en dar valor a un parque natural que recibe miles de visitantes ao longo de tódolos anos, para visitar o Centro de Interpretación do Xurés así como toda a beleza do territorio a través das diferentes rutas de sendeirismo.

O Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés mantén unha flora e fauna meritoria, é dicer, unha gran variedade ecolóxica. A vexetación coa que podemos atoparnos alterna bosques de árbores caducifolios e folla perenne con alcornocais ou madroños, así como outras especies.

Polo que se refire a fauna, están censadas máis de 30 especies  de mamíferos e 140 aves. Entre esta fauna destaca o lobo, garduña, zorro, corzo, halcón, águila real e outras.

Por todo isto, dende a CIG manifestamos a nosa total reprobación as escasas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia no Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés, aos feitos nos remitimos cando os propios alcaldes dos concellos que integran o citado parque así o manifestan. Por isto, solicitámoslle á Conselleira de Medio Rural, Angeles Vázquez Mejuto, que cese do seu cargo ao Director Xeral de Ordenación e Producción Forestal, Tomás Fernández – Couto Juanas, pola súa incompetencia á hora de xestionar os incendios forestais, incendios que están arrasando centos e centos de hectáreas no Parque Natural do Xurés.

Entendemos que é necesario tomar medidas urxentes para paliar os perxuizos que vai producir o incendio forestal no Parque Natural, para o cál, a propia Xunta de Galicia deberá aportar recursos económicos, xunto cos concellos integrados no parque, encamiñados á limpeza do perímetro dos núcleos de poboación, aproveitamento dos montes, sen esquecernos dunha planificación forestal e territorial para desta volta conquerir a recuperación do rural como un medio vivo, mantendo desta volta o Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés nas mellores condicións posíbeis, podendo xerar emprego na comarca e poñerlle freo e/ou minimizar os incendios forestais.

 

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...