Novas por contido

A raíz de varias sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) e de varios xulgados, estes días está a ter repercusión mediática unha serie de asuntos que afectan ao persoal que temporal ou interinamente desempeña postos de traballo nas Administracións Públicas.

En primeiro lugar facer constar que hai unha diferenza entre persoal laboral, por unha banda e persoal funcionario interino ou estatutario, por outra. Compre diferencialo porque no caso das indemnizacións por cese afectan ao persoal laboral temporal, e pode, de aí que animemos a presentar demandas, ao persoal funcionario interino.

E no caso da indefinición, esta xa estaba contemplada na normativa laboral para o persoal laboral pero non para o persoal funcionario interino, aínda que polo que se desprende das sentenzas e polo seu resultado, sería de escasa eficacia.

E a maiores de ter o foco mediático onde non se distinguen ben as distintas situacións, outro factor distorsionador como son as campañas dalgúns sindicatos para captar afiliación prometendo “reclamar a fixeza”, a “estabilidade no emprego” e “indemnizacións maiores que as que corresponden”, levan a moitos compañeiros/as a facerse unha idea errónea do que acontece.

Paso a paso:

1. INDEMNIZACIÓNS POR CESE

Derivado dalgunhas sentenzas do TXUE xurde a posibilidade de reclamar indemnizacións por cese do contrato laboral ou do nomeamento interino.

Non sabemos aínda como vai responder a Xustiza cando se comecen a presentar masivamente as demandas, nin si vai haber cambios normativos cando haxa goberno, polo que de entrada animamos a todo aquel persoal laboral temporal que teña cesado na súa relación laboral a que consulte a oportunidade de reclamar unha indemnización.

No caso do persoal funcionario interino dicimos o mesmo, coa cautela de que no caso de persoal laboral as indemnizacións están contempladas pero no caso de persoal funcionario non existe indemnización por cese da relación administrativa.

Somos partidarios de explorar esta vía e por iso a nosa asesoría xurídica está a disposición de todos/as os/as afiliados/as para levar isto adiante.

2. INDEFINICIÓN

Primeiro aclarar que indefinición non significa fixeza como vemos que anda predicando algún sindicato e que ser declarado indefinido nunha Administración Pública ten os mesmos efectos que ser persoal temporal, ou por equivalencia interino. Un traballador ou traballadora é indefinido ata que a praza sexa cuberta polos procedementos regulamentarios de provisión de postos (concurso de traslados ou toma de posesión de persoal de novo ingreso).

O Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP) só marca unha excepción aplicable á posibilidade de ter procesos de consolidación para os postos que estean cubertos temporal ou interinamente dende antes de 1 de xaneiro de 2005.

As prazas de persoal que foi declarado indefinido con posterioridade a 2005 saen a concurso de traslados e a tomas de posesión, polo tanto a garantía de permanecer no posto e a mesma que a do persoal laboral temporal ou a dos funcionarios interinos.

En relación a sentenza do TXUE onde se declara a un traballador estatutario como indefinido non fixo, e polo tanto sería aplicable ao persoal funcionario interino, estamos no caso de encadeamentos de contrato para o mesmo posto, máis propio do persoal estatutario do SERGAS que da Administración da Xunta de Galiza, onde non se dan estes casos senón  interinidades en prazas vacantes ou substitucións, e só no caso de acúmulos de tarefas que excedan o establecido legalmente se podería dar.

Tamén neste caso a nosa asesoría está a disposición de todos/as os/as afiliados/as para estudar cada caso e ver as posibilidades de reclamación.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...