Novas por contido

1º. Aprobación, se procede, das actas nº 22 e 23.

Quedan aprobadas as dúas actas logos das alegacións achegadas por CCOO, CSIF e CIG.

2º. Informe das xestións realizadas e xuntanzas mantidas.

Instituto Marítimo Pesqueiro (Vigo). A cociñeira causou baixa laboral. Logo das xestións, a praza foi cuberta.
Adaptación do posto a un traballador do Distrito XVII. O secretario do comité contactou co traballador. Dacordo con un informe da cuadrilla a que pertence non se atopa en condicións óptimas para desenrolar o traballo diario. O propio traballador non ten inconvinte en pasar as probas que considere oportunas a mútua.

3º. Bases helitransportadas.

As bases nas cales prestán servizo persoal propio do SPDCIF quedan sen helicóptero en varias épocas do ano, por contra, outras nas que traballan persoal de Natutecnia dispoñen de helicóptero, desviando polo tanto diñeiro público a empresas privadas.

Por unanimidade, acordouse remitir escrito a conselleira do medio rural reiterando a necesidade de mantér operativas as bases helitransportadas (con helicóptero) nas cales traballan persoal laboral do SPDCIF. Da mesma maneira que se fixo o ano pasado, confeccionaráse nota de prensa, requerindo a consellería o mantemento dos medios aéreos nas bases con persoal propio do SPDCIF.

4º. Tarxetas identificativas.

Reiterouse a petición de tarxetas identificativas para todo o persoal laboral do SPDCIF, persoal de 12, 9 e 3 meses. Acordouse remitir escrito á xefatura territorial de medio rural requerindo información do motivo polo cál ao persoal de 3 meses non se lle tramita a citada tarxeta.

5º. Afectación ó SPDCIF da fusión dos concellos de Cotobade - Cerdedo.

Logo da fusión dos concellos, o Distrito XIX conta con máis carga de traballo, polo tanto deberá dispór de máis medios humáns. Acordouse por unanimidade tramitar escrito requerindo á xefatura territorial de medio rural de cara a coñecer qué repercusión aos efectos de persoal ten a citada fusión.

6º. Quendas de noite (Nb) a realizar fóra da comarca forestal de orixe.

Traballadores do SPDCIF veñen realizando a xornada de Nb en puntos de encontro fóra da súa comarca forestal de orixe, descoñecendo polo tanto si é por orde do xefe de distrito ou por vontade do propio traballador.

CIG presentou escrito solicitando si existe orde da xefatura de distrito ao efecto. No suposto caso de non haber orde do distrito, será tratado novamente en pleno ordinario para un posicionamento polas partes.

7º. Quendas Medio Rural e Mar 2017.

Celebrouse xuntanza o pasado 7 de novembro de cara a negociación dos cuadrantes de traballo do persoal do SPDCIF para o 2017. A parte social achegou directrices para a confección dos citados cuadrantes. Medio Rural, coma sempre na súa liña, escusas como estamos de vacacións!!! Quedaron en presentar os cuadrantes a este comité de empresa o 12 de Decembro.

CIG ven requerindo que si a finais de ano non dispomos de cuadrantes definitivos, coa salvedade de inxerir as vacacións do persoal, propomos denuncia perante inspección de traballo, con posibilidade de acudir ao xulgado do social.

Ademáis de cuadrantes para o SPDCIF, acordouse solicitar cuadrantes do persoal de Lourizán, Intecmar, Instituto marítimo pesqueiro máis do Instituto galego de formación de acuicultura.

8º. Rolda de intervencións. Serán tratados no vindeiro pleno ordinario.

UGT.
• Peón do distrito XIX está facendo funcións de tractorista. Os conductores de motobomba nas súas funcións si teñen recollido o traballo co tractor.

CIG.
• As limpadoras de Lourizán teñen máis carga de traballo, con motivo da falta de persoal. No centro existen prazas vacantes.
• Conductor do Intecmar está de I.T. (longa duración). Persoal do centro, non tendo a obriga de conducir (analista de laboratorio) deben facerse cargo de recoller as mostras para o cál teñen que facer uso do vehículo do centro. Cobertura da praza de conductor.
• Pregúntase pola xuntanza coa xefatura de distrito XIX, acordada no pleno do mes de setembro.
• Requírese pantallas para os cascos de prevención.

Acordouse que o vindeiro pleno do comité de empresa teña a súa celebración o 16 de decembro.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...