Novas por contido

Ante o cada vez maior numero de consultas recibidas pola CIG ao respecto deste asunto creemos convínte poñer en coñecemento de todo o persoal empregado publico da Xunta cales deben ser as actuacións a seguir en caso de danos a saúde.

E tendo en conta que aínda que no ano 2016 se desacelerou a tendencia crecente en canto a valores absolutos no numero de accidentes de traballo nos últimos 6 anos, o numero de persoas sinistradas en relación as expostas aumentou, así como tamén aumentou en relación as horas traballadas, e do mesmo xeito produciuse un incremento no tempo de duración das baixas por accidente en relación as xornadas perdidas e ao numero de accidentes.

Todo isto fai que sexa necesario incrementar cualitativa e cuantitativamente  os esforzos en materia de prevención, de aí que sexa necesario que todo o persoal empregado publico da Xunta teña coñecemento de cales son os protocolos e procedementos básicos a seguir no caso de accidentes de traballo.

Que é un accidente laboral?

Toda alteración da saúde que se manifeste durante a xornada de traballo, trátase dunha alteración derivada do traballo. (Art. 115 LGSS)

  • Accidente de traballo: Accidentes producidos con ocasión das tarefas desenvolvidas  aínda que sexan distintas das habituais, sexan encomendadas pola empresa ou realizadas polo traballador/a en interese do bo funcionamento da empresa. (Art. 115.2c LGSS)
  • Accidente “In itinere”:  aquel que sofre o traballador/a o ir o traballo ou ó volver deste. Non existe limitación horaria. (Art. 115.2d LGSS)
  • Accidente en misión: Son aqueles sufridos polo traballador/a no traxecto que teña que realizar para o cumprimento da misión, así como tamén  o acontecido para o desenvolvemento da mesma dentro da  xornada laboral.

Actuación en caso de accidente

  • É importante que en canto sufras unha alteración da saúde durante a xornada de traballo, avises ao departamento de persoal, onde se solicitará o talón de asistencia e acudas ás instalacións médicas da Mutua. Se fose posible contarase con algún compañeiro/a de testemuña.
  • Asistencia médica: A persoa accidentada será atendida no centro asistencial e obterá un parte onde se indicará  o tipo de dano:  accidente de traballo, enfermidade profesional ou enfermidade común e si procede a baixa médica ou non.
  • Se o persoal médico da Mutua diagnóstica a túa doenza como enfermidade común e a deriva ó medico de cabeceira, reclama que che proporcione por escrito o motivo (son eles os que teñen que demostrar que non é de carácter laboral).
  • Se non estás conforme co diagnóstico, esíxelles unha folla de reclamacións da Mutua  e o mesmo tempo  presenta unha queixa ante a Oficina Virtual de Reclamacións, vía Internet.
  • En segundo lugar presenta unha reclamación pola determinación de continxencias, se recibimos a baixa do médico da Seguridade Social, reclamación que se presentará ante o INSS, no formulario que ten previsto para estes supostos, aportando a documentación que teñas que poida axudar a concretar dita demanda.
  • Aínda sendo correcta a atención da Mutua durante o proceso de baixa médica, na maior parte dos casos forzan a alta, tramitándoa por melloría e non por curación. (Comprobar no parte de baixa).
  • No caso de que o noso estado tras unha alta por melloría nos impida ou diminúa a nosa capacidade para desenvolver o traballo habitual, debemos informar aos nosos delegados/as de prevención, Comité, Xunta de Persoal, ou ao delegado/a do sindicato da Comarca para que nos axude na elaboración e presentación dun escrito solicitando cambio de posto ata a total recuperación. O Artigo 25 da LPRL contempla unha protección especial, entre outros, a traballadores vulnerables por convalecencia ou por estar sometidos a determinados tratamentos médicos invalidantes para algunhas tarefas do seu posto de traballo habitual, a través deste recurso legal podemos protexérmonos durante os procesos de incorporación ó traballo habitual.

Outras novas recentes

Martes, 23 Xuño 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo dos subgrupos A1, A2, C1, C2 e agrupación profesional

No DOG do 23/06/2026 publican a RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Luns, 22 Xuño 2026

Actos de elección de destino definitivo: restritivos e chapuceiros

O venres 15/06/2026 publicáronse os actos de elección de destino de varias escalas, despois de ter rematado o concurso de traslados das mesmas (arqueólogos, facultativos, axudantes e auxiliares de arquivos, bibliotecas e museos, restauración en bens artísticos e arqueolóxicos e delineantes). O caso máis rechamante é o da escala de delineación, con 15 prazas que quedaron...
Venres, 26 Xuño 2026

RPT de Aturga e actos de elección de destino de corpos xerais (CP 26/06/2026)

Na Comisión de Persoal de hoxe, 26 de xuño de 2026, o único punto da orde do día foi a modificación da RPT da Axencia de Turismo de Galiza (Aturga) na que non se tivo en conta ningunha das alegacións feitas pola CIG na mesa sectorial de persoal funcionario ante a D.X. de Emprego Público e onde a súa directora cercenou a negociación previa dos sindicatos coa Axencia na cal...