Novas por contido

Posta en marcha da recollida de sinaturas acordada cos traballadores e traballadoras do SPDCIF na asemblea celebrada en Silleda o pasado 21 de xuño.

Dando cumprimento aos acordos acadados na asemblea de Silleda, CIG e CSIF veñen de iniciar unha campaña de recollida de sinaturas para esixir a convocatoria de OEP para a cobertura de tódalas vacantes existentes no SPDCIF como persoal laboral, prévio a calquér proceso de funcionarización e denunciar a estafa que supón para os traballadores e traballadoras temporais o gravísimo incumprimento da Xunta de Galiza do seu compromiso de publicar as convocatorias de acceso libre das oposicións ás prazas de persoal laboral do SPDCIF ofertadas na OEP do ano 2016, máis aínda cando ten previsto convocar de forma inminente a promoción interna.

Os documentos coas sinaturas dos traballadores e traballadoras remitiránse ao Presidente da Xunta de Galiza, presentándose por rexistro o vindeiro día 14 de xullo, día no que está convocada a MANIFESTACIÓN a prol das oposicións de persoal laboral do SPDCIF e contra a precariedade e a inestabilidade laboral.

Dende CIG máis CSIF instamos a todos os traballadores e traballadoras do SPDCIF a participar activamente nestes actos reivindicativos para garantir o dereito de todos e todas a estabilizar os seus postos de traballo e rematar coa vergoñenta taxa de temporalidade existente no Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galiza.

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...