Novas por contido

A CIG denuncia a total improvisición da Consellería do Medio Rural no que atinxe ao operativo humano integrado no Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galiza, operativo que segundo a propia conselleira, Angeles Vázquez Mejuto, está en activo na súa totalidade dende o 1 de xullo, así como a escaseza de medios humanos nas cuadrillas forestais do SPDCIF.

CIG censura as afirmacións feitas pola máxima responsábel do operativo contra incendios forestais de que o Plan de Incendios Forestais de Galiza (PLADIGA) está activo na súa totalidade (operativo de 7.000 persoas) dende o día 1 de xullo, data na que deu comenzo a campaña de alto risco de incendios forestais, dacordo coa Orde do 15 de xuño de 2017, publicada no Diario Oficial de Galiza  do 21 de xuño. Para a CIG, esta afirmación é totalmente falsa, xa que ata o día 14 de xullo os traballadores e traballadoras da empresa pública SEAGA destinados a labouras de extinción non deron comenzo a súa actividade laboral. Tampouco nos esquecemos das cuadrillas forestais contratadas polos propios concellos, que en moitos deles non teñen previsto facer contratacións polo feito das exixencias impostas pola propia administración autonómica e, que aínda así constan nos cadros de persoal do propio PLADIGA 2017.

A CIG pon en coñecemento da cidadanía que moitas das cuadrillas forestais da Xunta de Galiza están a traballar con un, dous ou tres componentes, feito que merma o operativo contra incendios, da mesma maneira que pon en risco a vida dos propios traballadores e traballadoras. Esta escaseza de persoal nas cuadrillas debera ser solventada mediante as correspondentes contratacións temporais, pero desgrazadamente non está sendo así, ollando pola nosa parte como os propios xefes de distrito deben buscar solucións o máis axeitadas posíbeis para non vér mermado o operativo no seu ámbito de actuación. Aínda así, están a producirse circunstancias no operativo contra incendios no que bombeiros forestais son incorporados xunto cos conductores de motobombas pola falta dun responsábel na cuadrilla forestal, deixando a súa zoa de actuación sen medios para combatir os incendios forestais. Poñamos coma exemplo, ámbitos na provincia de Ourense (distrito forestal XII Miño – Arnoia) e Pontevedra (distrito forestal XVIII Vigo – Baixo Miño). Ésta circunstancia seica non é preocupante para o goberno galego, deixando polo tanto en máns dos incendiarios ó devenir do propio servizo contra incendios.

A CIG denuncia, polo tanto, a total improvisación por parte da Consellería do Medio Rural no despregue de medios humanos polos diferentes distritos forestais que integran o SPDCIF. Ante este preocupante panorama e, coa apertura da campaña de alto risco no SPDCIF, dende CIG exiximos a inminente contratación de bombeiros forestais para paliar a diminuación de medios en moitos dos distritos forestais e desta volta a minorar os perxuizos que puidera producir os incendios forestais na comunidade autónoma galega. A NON contratación de bombeiros forestais para cubrir o amplo territorio galego e a tardanza na extinción dos incendios forestais que se puideran dar deberan ter unha resposta unánime dos galegos e galegas, polo que dende CIG, en primeiro termo poñemos en coñecemento da cidadanía da situación real do SPDCIF neste asunto e, logo rexeitamos o xeito de actuar por parte dos responsábeis en política forestal non poñendo en marcha medidas encamiñadas a manter un dispositivo contra incendios perfectamente ensamblado e sen fixuras.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convoctoria de promoción interna ao corpo superior-A1 Convocatoria de promoción...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...