Novas por contido

Sentarse nunha mesa non é o mesmo que sentarse a negociar. A actitude que na xuntanza do día 18 de xuño mantiveron os representantes da administración foi igualiña que as anteriores: de desprezo ao traballo, bloqueo negociador sen aportar nada que mellore as condicións de traballo, de vincular unha pequena suba salarial en produtividade a cambio do aumento do período extraordinario de quendas de 12h. Porén a publicidade e a demagoxia si que a teñen avanzada e anuncian subas de ata 4000 euros por efectivo no Parlamento galego e noites de “disponibilidade” na casa. Ningunha organización sindical seria pode aceptar para os traballadores un exceso horario tan esaxerado coma este (mais 2000h/ano) nin as subas salariais unicamente vinculadas a realización das esaxeradas quendas de 12 horas, que recordemos, son de traballo continuado no monte das que pola especial prestacion do servizo (incendios, emerxencias ambientais...se amplian moitas veces por mor da falla de persoal de relevo).

Resumo do acontecido na xuntanza:

O Director Xeral inicia a reunión con dúas ofertas.

  1. Aumento da produtividade a 448 euros mensuais (en total).
  2. E para cando naquelas xornada laborais onde os traballadores se teñan que desprazar fora da comarca forestal de referencia terán dereito o cobro dunha media dieta (14,10).
  • Segue mantendo a oferta dos niveis. Suba de niveis:
    Ano 2019 subida de 1 para cada un dos tres niveis da escala.
  • Ano 2020 suba doutro nivel, quedando ao fin axente: 16, zonal: 18, territorial:20.

Non se quere ampliar persoal ou voltar as prazas amortizadas nos ultimos anos, non se atende a reducción horaria, neganse a negociar melloras nas condicions de traballo. Disto nin se quere falar, so queren que os axentes traballen mais e mais horas dispostos para lumes, e ademais por miserias. A CIG non asinará un acordo que non contemple unha verdadeira negociación das condicións de traballo en base aos puntos que levamos esixindo xa todo un ano e dos que presentamos propostas:

  1. Réxime de prestación de servizos.
  2. Horarios.
  3. Vacacións, licenzas, permisos e compensacións.
  4. Compensación económica (este é o punto no que se enroca a Administración para non tratar ningún outro punto).
  5. Segunda actividade (na segunda actividade o director mencionou a transposición do negociado co colectivo de bombeiros -60 anos-pero segue sen escribilo).
  6. Xubilación anticipada con coeficientes redutores (Debido o alto compoñente de penosidade, toxicidade e perigosidade do persoal da escala se apliquen uns coeficientes redutores para a idade de xubilación).
  7. Saúde Laboral e catalogo de enfermidades profesionais.
  8. Organización do traballo e medios materiais.
  9. Plano de formación (no especial en seguridade e prevencion de riscos e actuacion grandes incendios).
  10. Igualdade de xénero.
  11. Comisión de seguimento.

E incrible que a estas alturas dende a administración non presentan ningún borrador de Acordo, un documento completo onde se recollan e definan as condicións de traballo, e incluso o DXFP pretende impor acordo na parte retributiva para entrar a negociar “o resto”.

Dende a CIG advertimos que a actitude do DX o que provoca e a mobilización do persoal e avisamos que xa imos camiñando cara a FOLGA, xa que logo de anos de continua reivindicación e varios meses de xuntanzas non foi capaz de traer un documento que sirva para tomar como partida.
Non seremos partícipes do empeoramento das condicións laborais dos empregados públicos e seguiremos a loitar pola redución horaria, conciliación, xubilación anticipada, segunda actividade, saúde laboral e suba da masa salarial dentro do complemento específico.

Emprázanos a unha vindeira xuntanza para a semana con documentación previa....XOGANDO COS TEMPOS... DILATANDO A VER SE NOS VENCE POR AGOTAMENTO...pero non sabe que ....

CONTIGO E COA CIG A LOITA CONTINÚA!

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...