Novas por contido

O martes 4 de setembro tivemos a primeira xuntanza con Medio Rural para tratar a súa Relación de Postos de Traballo. Asistimos CIG e as demáis organizacións sindicais; pola parte de Medio Rural destacamos a ausencia da secretaria xeral ou outros altos responsabis do gabinete con poder decisorio polo que unicamente se adicaron a escoitar as emendas que traíamos dende as organizacións sindicais.

A proposta de RPT que nos achegou a consellería non está vinculada a un obxectivo programado de desenvolvemento do País, no especial na axuda e apoio do sector primario esencial para a Galiza, o agrario, gandeiro e forestal. Mais aínda cando xa temos claro que o mantemento das actividades agrarias e gandeiras tradicionais e o desenvolvemento doutras actividades produtivas no medio son as que poden fixar poboación e reducir os incendios forestais.

Por iso lamentámonos que se pechen centros e amorticen prazas e vemos de novo nesta RPT que nos expón a Xunta outra oportunidade perdida para a mellora do emprego deste servizo público.

Destacamos desta RPT da consellería do medio rural:

  • Non hai unha clara xustificación funcional nas prazas que se amortizan, unha a unha, e non existen datos económicos.
  • Non aparecen as RPT das axencias creadas como o AGADER, AGACAL e FOGGA.
  • Hai numerosos erros de prazas e dentro delas un mesmo posto pode ter diferencias entre os complementos recoñecidos, incluso no mesmo centro de traballo e con funcións análogas.
  • Continúan a agochar o dato de que prazas están vacantes e cales non.
  • Non se crean prazas, só se amortizan.
  • Case o 50 % das xefaturas de servizo son de libre designación.
  • Non se solucionan nin corrixen eivas anteriores nos postos ou na súa situación.
  • Non se recollen os complementos gañados por sentenza, pois é o traballo do posto o que xera o dereito.
  • Demasiadas áreas funcionais que compartimentan a RPT e limitan os futuros concursos de traslados.
  • No SPDCIF, a pesares de aumentar o tempo de alto risco e teren en marcha propostas de reordenación do servizo, nin se aumenta o numero de prazas de bombeiros, axentes e técnicos dos distritos forestais, nin se aumenta o período de contratación do persoal fixo descontinuo, a pesares dos acordos sectoriais.
  • Non aparece reflectido o grupo B para o persoal das escalas de delineantes e de axentes, ambas as dúas a extinguir no C1 e coa nova escala creada na lei de medidas, o que compromete os procesos selectivos.
  • Desaparecen vixiantes do SPDCIF, fundamentais para a operatividade das casetas de incendios das que as cámaras xa deron conta de graves erros de funcionamento.
  • Ábrense prazas a outras administracións públicas coa escusa de que non se ocupan.
  • Non se cumpren as medidas de Feijoo para a loita contra incendios na creación de 30 prazas de axentes e das brigadas de investigación de incendios forestais (BIIF).
  • Non se reforzan as Oficinas Agrarias Comarcais, nin os viveiros, centros de investigación e desenvolvemento rural e forestal, sanidade vexetal ou outras departamentos vitais.

 

Dende a CIG fixemos un monte de alegacións específicas a postos concretos pero tamén xerais como que a amortización e a creación de prazas deben vir sempre vinculadas á carga de traballo e a unha estrutura funcional xustificada.

A Consellería de Medio Rural, que ve aumentada a carga de traballo día a día como consecuencia da improvisación da Xunta, do cambio climático, o aumento de pragas, as enfermidades vexetais e animais, a mala planificación e xestión do territorio e os incendios forestais xunto cunha actividade impositiva maior cara aos cidadáns, vai tirando coas asistencias técnicas. Por iso denunciamos e destacamos que non se crean prazas operativas en toda a consellería mentres que se amortizan prazas para pagar, segundo dixo a propia Xunta, gratificacións por servizos extraordinarios.

Fainos as túas achegas: contacta coa CIG.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...