Novas por contido

A CIG-Administración Autonómica na comarca de Lugo-A Mariña, a teor da situación que se produciu no Laboratorio de Saúde Pública de Galiza así como noutras dependencias do Edificio da Xefatura Territorial de Sanidade na provincia de Lugo pola presencia dun “gas descoñecido” que produce diferentes síntomas no persoal que presta os seus servizos nese edificio, quere manifestar o seguinte:

• Que imos seguir vixilantes con todas as accións que se poidan levar a cabo ante esta situación e poñer todo o noso empeño en preservar a saúde do cadro de persoal.

• Que a Consellería de Sanidade adoptou a medida do cese da actividade pero non coa celeridade que se lle requiriu tanto polo persoal directamente afectado como polos seus e as súas representantes. A pesar das actuacións levadas a cabo por parte dos órganos directivos, o persoal foi en todo momento consciente de que estaban expostos a un risco descoñecido mentres estes órganos valoraban a oportunidade ou non do cesamento da actividade no edificio.

• Que o pasado luns, día 11 de decembro, durante unha actuación da Inspección de Traballo ao edificio foi cando se decidiu o cesamento da actividade no laboratorio por parte da administración. Esta inspección determinou a necesidade de paralizar a actividade non só no laboratorio senón que ampliou esta medida a outras áreas da Xefatura Territorial de Sanidade no edificio.

• Que a CIG quere manifestar a súa decidida implicación neste asunto e o seguimento que vai realizar para ver a evolución desta crise e para obrigar ao cumprimento da lexislación vixente en materia de prevención de riscos, especialmente no que atinxe á paralización da actividade cando se produce un risco grave ou inminente (art. 21 da Lei 31/1995 de prevención de Riscos Laborais).

• Que a raíz das publicacións destes días nos medios de comunicación, e en concreto á constitución dun gabinete técnico por parte do delegado territorial da Xunta de Galiza en Lugo, esiximos que o persoal afectado ou susceptible de selo, estea en todo momento informado da evolución desta situación así como das decisións que se tomen.

• Que a día de hoxe o Comité de Seguridade e Saúde da Consellería de Sanidade está sen constituír e esta é unha eiva que debe de ser resolta de inmediato debido á importancia deste órgano en casos como o que nos ocupa.

• Que se debe ter en conta que aínda se descoñecen as causas desta situación polo que o feito de que algunhas persoas non teñan presentado sintomatoloxía ata o momento, non quere dicir necesariamente que non estean expostas a este “axente descoñecido do aire” polo que se debe extremar a vixilancia neste colectivo.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...