Novas por contido

alt

A CIG-Autonómica, co apoio das demais centrais sindicais, concentrouse o xoves 29 de xullo diante do Edificio Administrativo de Pontevedra para reclamar que a Escola Infantil nel localizada sexa de xestión pública. Esta demanda, que xa vén de moi atrás,  reavivouse coa publicación no DOG do 23/07/2010 da convocatoria pública do procedemento de contratación. O obxecto é poñer de manifesto o noso rexeitamento á entrega deste servizo (e o coidado das nosas fillas e fillos) aos intereses económicos dunha empresa privada.

Xa desde moito antes de que o persoal se trasladara ao Edificio Admistrativo, a CIG víña demandando a prestación deste servizo e a súa xestión pública. Por esta razón tivemos varias reunións tanto coa secretaria territorial de Traballo e Benestar como co secretario territorial de Presidencia, dando traslado ademais das inquedanzas das persoas usuarias á Xunta de Persoal e aos Comités de Empresa afectados, sendo totalmente ignoradas as nosas demandas.

Esta é unha proba máis da estratexia utilizada por este goberno desde a súa creación para ir desmantelando paulatinamente todos os servizos públicos (residencias de maiores,  incendios, comedores escolares...). Neste caso,  ao ser publicada no momento en que parte do persoal afectado está gozando das vacacións, dificultouse unha reacción máis contundente na resposta. Sen embargo, se a Administración non atende as nosas demandas, en setembro intensificaremos o calendario de mobilizacións.



Outras novas recentes

Martes, 31 Marzo 2026

Convocatoria para a negociación da RPT da Axencia de Turismo de Galiza (13/04/2026)

O xefe da Área de Recursos Humanos da Axencia de Turismo de Galiza vén de convocarnos a unha xuntanza informativa previa á negociación na Mesa Xeral sobre unha proposta de modificación da RPT da Axencia de Turismo de Galiza. A reunión terá lugar o luns 13/04/26 ás 11 h na sede na Axencia na Barcia, coa seguinte orde do día: 1. Información da proposta de modificación da RPT...
Martes, 24 Marzo 2026

Aproban o novo PLADIGA 2026 sen negociar, una ano máis

A Xunta impón un novo PLADIGA 2026, tras un 2025 marcado polo conflito, o incumprimento de acordos e o caos na xestión da vaga de lumes Na CIG-Autonómica denunciamos que a Xunta de Galiza volve actuar de maneira unilateral, aprobando e anunciando o PLADIGA 2026 (Plan de prevención e defensa contra incendios forestais de Galiza), sen negociación previa e ignorando...
Mércores, 01 Abril 2026

Concurso de traslados de educación infantil e auxiliar coidadores: apertura da elección de postos e xustificación de méritos

No DOG do 01/04/2026 publican a RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento da xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo...