Novas por contido

O mercores 4 de maio constituiuse a nova Xunta de Persoal da provincia de Pontevedra, coa seguinte composición: CIG: 10, CSIF: 6, CCOO: 4, UGT: 3 e CGT: 2.

Á sesión constitutiva asistiu a maioría (CIG: 10, CSIF: 5, CCOO: 2, UGT: 3 e CGT: 1), e resultaron elexidas as seguintes responsabilidades:

  • Presidente: Xoán Xosé González Canedo (CIG)
  • Secretaria: Marína Rey Vázquez (CIG).

 

Queda pendente a aprobación do regulamento de funcionamento para o vindeiro Pleno, que vai ser o mércores 8 de xuño. Se tes algún asunto que queiras que tratemos, vainolo chegar ao correo autonomicavigo@cigadmon.gal ou no teléfone 986817597.

Outras novas recentes

Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...