Novas por contido

Previo ao comezo da Mesa, informa o director xeral da Función Pública que van convocar Comisión de Persoal para o martes 14 de xuño. Retiran dela o punto das convocatorias de procesos selectivos a corpos xerais A1, A2 e C2 da OEP 2009.  En canto ás RPTs de persoal veterinario, xa as achegaron e piden que lle remitamos as alegacións (directamente a función pública) atá o luns 20.

Tratáronse, entre outros, os seguintes temas: modificación do decreto que regula o diploma directivo, orde da xornada de verán, procesos selectivos A1, A2 e C2 de corpos xerais da OPE 2009.

Diploma directivo
Este tipo de diploma vai ser un filtro para seleccionar quen podería optar a determinados postos altos. Xa que logo non nos gusta mentres non haxa criterios obxectivos de selección. Tampouco nos satisface a escasa representación sindical na comisión de selección.

Xornada de verán
Queremos que se estenda a todo o persoal. Aos que non poida ser, que se lles compense. Queremos que se regule para sempre e non anualmente. Os autobuses deben adaptarse ao persoal, non ao revés. Os demais sindicatos pensan o mesmo.

Procesos selectivos A1, A2, C2-corpos xerais 2009-libre
Retiran o punto da vindeira Comisión de Persoal, coa intención de tentar chegar a acordo. Convidan a que acheguemos novamente alegacións escritas.

A CIG manten as suas alegacións presentadas nas xuntanzas previas. Observamos algún cambio, pero son básicamente formais e algunha retirada de temas. A grandes liñas, e mantendo as alegacións xa presentadas:

  • Excesivos temas. Mención especial a A2 (case non hai diferenza con A1).
  • Sobran os temas de informática de C2, pois coa proba xa demostran o coñecemento.
  • Proba obrigatoria de galego ou en galego. Se non, que eximan de dereito aos licenciados correspondentes (evidentemente, unha ironía).
  • Forma de acceso mediante concurso-oposicón.
  • Mais peso ás probas obxectivas que ás de desenvolvemento escrito.
  • Mantemos as alegacións escritas (taxas, nota de corte, tribunais, destino, temarios,..)
  • Entregamos texto literal para incorporar á acta, no que consta o programa de goberno do PP en materia de software libre.


En suxestións e preguntas a CIG sacou os seguintes temas:

  • Cronograma dos concursos pendentes. Vano respetar? Para cando laborais e funcionarios de escalas e especial? Resposta: de laborais están a ver as prazas; de escalas van ir convocando; de veterinarios antes de verán. Este ano todos.
  • Concurso da lei 17: demandamos que función pública se poña as pilas co concurso deste persoal, pois é o gran esquecido. Lembramos que non é persoal de sanidade, senon de función pública.
  • Actualización de mesas: por pedimento dos sectores de CIG-Ensino e CIG-Saúde, solicitamos a actualización da respectivas mesas sectoriais, pois xa remataron todos os procesos eleitorais e están a asistir sindicatos sen representación.
  • Migración correo corporativo: queixamonos pola inexistencia de opción en galego (preguntamos se o contratarían de non ter opción en castelán até outono). Tamén nos queixamos porque tiren o diñeiro cando hai alternativas en software libre.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...