Novas por contido

Na última xuntanza do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral presentouse a debate o informe de siniestralidade laboral do primeiro semestre do ano. É importante manifestar que este informe é relativo, dado que faltan os datos de maior incidencia de accidentes, a campaña de incendios en Medio rural e as susbtitucións de verán en Traballo e Benestar.

A análise que se presenta é a seguinte: Os índices de gravidade, frecuencia e incidencia baixaron en comparación dos anos anteriores. As consellerías  con maior incidencia son as de Traballo con un total de 55 accidentes e Medio Rural con 28; destacar que da totalidade,  60 son sufridos por mulleres, fronte a 45 de homes. Instase á Administración a adoptar medidas de corrección para diminuír o número de accidentes, levando a cabo accións preventivas específicas, principalmente nas dúas consellerías mais afectadas.

Con respecto ao análise das enfermidades profesionais, débese traballar de xeito que se recollan claramente, posto que moitas veces son tratadas como accidente ou enfermidade común, coas consecuencias negativas que isa defectuosa clasificación ten en caso de producirse incapacidade.

Comunica MUGATRA que se fará un grupo de traballo onde se tratara a problemática específica do colectivo do persoal de Extinción de Lumes.

No apartado de suxestións e preguntas a CIG fixo as seguintes propostas:

  • Desenvolver en Galicia o Protocolo de actuación fronte ao acoso laboral da Administración Xeral do Estado (BOE 01.06.2011). En todo caso que se aplique de forma supletoria.

  • Que se inste o uso do “Manual de acollida no laboratorio” publicado polo INSHT,  en tódolos laboratorios da Xunta,  para as persoas que van a realizar unha estancia breve nos laboratorios (persoal investigador en formación, bolseiros/as…).

  • Achégase documentación para a creación dun grupo de traballo onde se coordinarían as accións  para previr os riscos potenciais procedentes de persoal traballador con posibles problemas de saúde mental.

  • Inquírese a Administración para que cumpra coa obriga legal de reunir os Comités de Seguridade e Saúde; e así mesmo faga chegar ao persoal traballador, e ao seus representantes, a información e a formación derivada da prevención de riscos laborais.

Outras novas recentes

Mércores, 26 Xuño 2024

Gardacostas: comisión de seguimento do acordo (26/06/24)

Despois de ter solicitado a CIG unha xuntanza coa Consellaría, esta convocounos á comisión de seguimento. Acceden a tratar outros asuntos que exceden do ámbito da comisión, ao igual que os outros sindicatos, o cal xa é algo positivo. 1. Coeficientes redutores A consellería coméntanos que está a actuar “politicamente” e que falaron co “grupo parlamentar no Congreso e no...
Martes, 25 Xuño 2024

Prazas para chamamentos de Medio Rural (25/06/2024)

O servizo de persoal de Medio Rural vén de achegarnos a relación de prazas que foron anunciadas en "Moura" para a súa cobertura a través das listas de contratación. Trátase de prazas de 6 e 12 meses correspondentes ao Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF) Última hora: Medio Rural comunica que por un erro técnico tiveron que anular as prazas de 6 meses, que...
Mércores, 26 Xuño 2024

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega

No DOG do 26/06/2024 publican a RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galiza. Os...