Novas por contido

Ábrese o prazo de presentación de solicitudes, ata o día 8 de xullo ás 14:00 horas, para a contratación de persoal laboral temporal do PLADIGA 2011 na categorÍa de conductor motobomba (033 – iv) nas prazas que a continuación se detallan:

Distrito Forestal XI. O Ribeiro – Arenteiro: 2 prazas.
Distrito Forestal XII. Miño – Arnoia: 7 prazas.
Distrito Forestal XIII. Valdeorras – Trives: 11 prazas.
Distrito Forestal XIV. Verín – Viana: 3 prazas.
Distrito Forestal XV. A Limia: 10 prazas.

REQUISITO INDISPENSABLE ESTAR APUNTADO NO INEM

Documentación para presentar coa solicitude:

  • Instancia.
  • Fotocopia do DNI.
  • Fotocopia do carné de conducir C.
  • Fotocopia da titulación requirida (graduado escolar).
  • Tarxeta de demandante de emprego.

Méritos:

  • Servizos prestados na Xunta de Galiza, noutras administracións públicas ou en empresas privadas na mesma categoría.
  • Cursos directamente relacionados coas funcións propias da categoría.
  • Acreditación do idioma galego (iniciación / celga 3; perfeccionamento / celga 4).

Para máis información: CIG-Autonómica Ourense - Parque de San Lázaro, 12 – 4º andar - Telefone 988 233 850

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...