Novas por contido

O 06/07/2011, a Consellería do Mar vén de convocar ás organizacións sindicais a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro venres, día 8 de xullo de 2011, ás 12:00 horas, na Sala de Xuntas da Secretaría Xeral Técnica do mar, co obxecto de expoñer, previamente a que sexa remitida para a súa tramitación á Dirección Xeral da Función Pública, a proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da Consellería do Mar (persoal veterinario).

Descargar a convocatoria da xuntanza

Descargar* a documentación completa achegada pola C. do Mar

* Documentación completa dispoñible só para afiliados

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade. A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente: As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo...
Domingo, 04 Outubro 2026

Os sectores de atención social e coidados únense para rematar coa precariedade de persoal e persoas usuarias

Lanzan unha campaña de mobilización para reclamar, ademais, a xestión directa dos servizos a través dun Sistema Público Galego de Servizos de Atención ás Persoas eowpzSxtLVM Traballadores e traballadoras do sector de coidados -público e privado- veñen de unificar as súas loitas para denunciar a precariedade que padecen e as consecuencias que isto ten para as persoas...
Venres, 09 Outubro 2026

Ampliación do prazo de elección de destino na especialidade de limpeza e cociña

No DOG do 09/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2026 pola que se amplía o prazo para a elección de destino na agrupación profesional, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de limpeza e cociña, convocada pola Resolución do 24 de setembro de 2026 (Diario Oficial de Galiza número 186, do 30 de setembro). Amplían o prazo...