Novas por contido

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse.

Sen convocatoria á CIG para as negociacións das integracións

Na Comisión de Persoal do 27 de outubro de 2026 a CIG preguntou sobre a integración de GAIN, INTECMAR e AGACAL , e a resposta da directora xeral foi que non tiñan ningunha información, e que cando a tivera facilitaríanola, e referiuse a que, en primeiro lugar, serían os comités de empresa os encargados de negociar con carácter previo, e despois viría á Mesa Xeral e á Comisión de Persoal para publicar as convocatorias.

Outro sindicato estaba a difundir daquela informacións ao persoal de que había previsión de rematar as integracións antes de finalizar o ano 2026 e antes da convocatoria da carreira extraordinaria. A directora xeral desmentiuno coa contestación dada á CIG.

Agora, na Mesa do 10 de novembro a directora xeral afirma que a integración está «en trámite», pero a CIG, sindicato maioritario, so está convocada para “negociar” unha integración dunha pequena parte do persoal do AGACAL, negociación da que non se nos facilitou sequera a documentación mínima requirida.

Por isto, advertimos de que non ter asinado acordos de papel mollado non nos priva do dereito a participar nas negociacións que nos corresponden pola nosa representatividade.

Un acordo con compromisos incumpridos

O Acordo de integración de Gain, do 31 de outubro de 2023, asinado pola Administración e CSIF, CCOO e UGT, sen a sinatura da CIG, recollía o seguinte cronograma:

  1. Negociar a orde de integración no segundo semestre de 2023, mesmo sen finalizar a estabilización, para posibilitar a súa publicación inmediata unha vez rematada esta.
  2. Comezar a negociar a RPT no segundo semestre de 2023, para permitir a integración e a posterior funcionarización.
  3. Como obxectivo, rematar a funcionarización no primeiro semestre de 2024.

De feito, grazas a iso tiveron unha elección de destino e unha toma de posesión con códigos de RPT ficticios e só coa denominación das prazas, non coa descrición das características laborais (descrición retributiva, requisitos imprescindibles, méritos e outras características), como si tivo o resto de persoal. Algo que dende a CIG instamos a que se fixera en reiteradas ocasións, sen recibir resposta de GAIN, e ante a pasividade do resto de sindicatos.

Tres anos despois da sinatura, a integración segue pendente e esa demora volve adiar a funcionarización do persoal de GAIN.

Achegamos o acordo para que poidades consultar os compromisos e os prazos que recollía.

A xustiza deunos a razón!

Fóra a chantaxe da funcionarización!

Un dos motivos polos que a CIG non asinou o acordo foi o rexeitamento á chantaxe de condicionar o cobramento da carreira profesional ao compromiso de funcionarizarse. Defendemos que o persoal da Administración xeral da Xunta e de todos os entes debía poder acceder a este dereito sen verse obrigado a optar pola funcionarización.

Tivemos que acudir á vía xudicial e a sentenza gañada recentemente pola CIG deunos a razón, deixando sen efecto esa imposición!!!

Esiximos transparencia e a convocatoria xa das negociacións!

Dende a CIG esiximos transparencia á directora xeral de Emprego Público e aos entes INTECMAR, GAIN e AGACAL, e que convoquen sen máis demora a negociación das integracións, para que non se continúe a prexudicar a este persoal nas súas carreiras profesionais.

Escríbenos ou chámanos! Estamos á túa disposición!

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...