Novas por contido

O 17.03.2026 a CIG e as demais organizacións sindicais asinantes do acordo polo que se establece o réxime de prestación de servizos do persoal que desenvolve a súa actividade laboral no territorio dos arquipélagos do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galiza, rexistramos unha solicitude dirixida á D.X. de Emprego Público e Administración de Persoal, para a constitución da Comisión de Seguimento do devandito acordo e a convocatoria da primeira xuntanza o máis axiña posible.

Nestes meses dende a sinatura do acordo o 25 de xuño de 2025, a CIG recibiu información de importantes e reiterados incumprimentos en relación ao establecido no acordo para o réxime de prestación de servizos e irregularidades na concesión de indemnizacións por razón de servizo.

Por todo isto e porque o propio acordo dispón que a Comisión de Seguimento constituirase aos seis meses da sinatura e reunirase de forma ordinaria unha vez cada ano natural, exiximos a inmediata constitución da Comisión de Seguimento e a convocatoria da primeira xuntanza para tratar estes e outros asuntos relacionados e evitar a volta atrás hacia un concepto feudal na xestión do único Parque Nacional da Galiza.

Outras novas recentes

Luns, 09 Marzo 2026

Centos de mulleres mobilízanse coa CIG en Compostela ao berro de «Feministas e combativas, en loita pola nosa dignidade»

A central reivindica o contido de clase e a orixe que deu lugar ao 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadoras  L4UdCkHQcPo   Ao berro de «Feministas e combativas, en loita pola nosa dignidade», centos de mulleres participaron este domingo en Compostela na manifestación convocada pola CIG con motivo do 8 de Marzo. Unha data de reivindicación e loita porque, a...
Venres, 13 Marzo 2026

Inadmisición de diversas solicitude da carreira adminitrativa e complemento de desempeño (graos I, II e III)

No DOG do 13/03/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2026 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I, II e III do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa para o persoal funcionario. - RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2026 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento...
Luns, 16 Marzo 2026

Á Xunta non lle importa a saúde do seu persoal ainda que traballen con gas radon

O día 10 de marzo de 2026 tiñamos unha convocatoria ordinaria do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Servizos Centrais (SSCC) despois de case un ano dende a anterior reunión, que foi o 31/03/2025. Nesa reunión de 2025 a CIG xa preguntara polos resultados das medicións de radon nas diferentes oficinas de SSCC, ao que nos responderon que primeiro tiñan que reunirse co...