Novas por contido

XA estamos fartos de escoitar a mesma leria cando se trata de recortar en todo o público, nos servizos e nos empregados públicos que os facemos posibles, como nunca hai diñeiro para crear postos por concurso, para chamar das listas, etc. Porén, cada día sae no DOG un novo convenio ou na plataforma de contratación un novo contrato para comprar a prensa, para darlle ás empresas ou asociacións amigas, para contratar non sei cantas asistencias técnicas... tampouco resulta traumático soster o plus dos altos cargos, meter persoal directivo sen control nas axencias, asesores a punta pala, crear postos a dedo en cada ente ou reforma de RPT que se precie...

Que non nos contén contos, que se tanta ansia hai por recortar, hai despilfarros dabondo sen afectar aos servizos públicos. Para mostra, outro botón =>

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...