Novas por contido

Logo de que a Administración baleirase de contido o Acordo sobre as LD ao configurar as xefaturas de servizo como de libre designación, e constatado o abuso desta figura para postos inferiores a nivel 28 , co ánimo de reservalos para determinado persoal "de confianza", a CIG-Autonómica vén de denunciar o Acordo sobre postos de libre designación de 2008. Cómpre recordar que este acordo se asinou nun contexto moi diferente; daquela a cobertura xeral das xefaturas de servizo se establecía por concurso.

Desde a CIG-Autonómica consideramos que:

  • Non é de recibo facer referencia a este acordo xa que a Administración o rachou ao modificar a Lei de Función Pública de Galicia e xeneralizar as LDs como sistema ordinario de cobertura das xefaturas de servizo. Así pois, despois de baleiralo de contido non pode ser empregado reiteradamente cada vez que se toca unha RPT para xustificar diferentes arbitrariedades como o “manexo de datos de especial protección”.

  • Por outro lado, o dito acordo entendemos que non reúne as condicións mínimas que impón o EBEP pois non determina o ámbito temporal de validez nin as condicións de denuncia, nin tampouco se lle deu a oportuna publicidade que a lei dispón. Entendemos que o acordo era válido “rebus sic stantibus”, pero que xa non nos sentimos vinculados despois da citada reforma da Lei de Función Pública de Galicia.

Así pois, este acordo xa non é “vigorante” como asegura a Administración pois imcumpre o desposto nos artigos 38.4 e 38.6 do EBEP. Alén diso, a obriga de sixilo dos empregados públicos está en todas as normativas na materia como o artigo 95 do EBEP, e na normativa sancionadora, ao ser causa de sanción a violación do segredo profesional.

Descarga o escrito de denuncia do Acordo sobre as LD por parte da CIG

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...