Novas por contido

A CIG RECLAMA A MEDIO RURAL EXPLICACIÓNS DO ACCIDENTE NO QUE FALECEU UN TRABALLADOR EN LABORES DE EXTINCIÓN E A CONVOCATORIA DO COMITÉ DE SAÚDE LABORAL DO SERVIZO DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS.


Como consecuencia do fatídico accidente aéreo no que faleceu un piloto con base en Beariz (Ourense), nas labores de extinción do incendio na zona de Monterrei, a CIG exixe a Medio Rural a investigación inmediata do acontecido e que o mesmo Conselleiro de explicacións perante o Parlamento Galego do lamentábel accidente.

A CIG esíxelle a Medio Rural, como ven facendo en repetidas ocasións, o cumprimento das medidas de seguridade laboral xa non só aos traballadores dos medios aéreos, senón a tódolos traballadores e traballadoras que veñen a integrar o operativo de prevención e extinción de incendios forestais. Estamos constatando as deficiencias existentes nas citadas medidas en tódalas categorias profesionais, co risco que iso representa para as persoas que xornada tras xornada están a  traballar en condicións extremas nos incendios forestais.

A CIG ven a denunciar asimesmo, o desmantelamento do servizo de prevención e extinción da Xunta de Galiza nun momento no que está ardendo a nosa comunidade polos catro costados. Decir que entre o 24 e o 25 do mes de setembro cesaron un bó número de operarios, quedando o servizo descuberto en moitas das categorias, co risco que iso representa para o medio ambiente así como para a sociedade en xeral. O operativo existente neste intre non é suficiente para extinguir o número de incendios, dándose a circunstancia que lumes que comenzan a media tarde non están rematados ata o día seguinte. Medio Rural dispón dos medios tecnolóxicos precisos para coñecer a climatoloxía con cáseque unha semana de antelación, polo que foi coñecedora do que se viña enriba, considerando dende a CIG unha deixadez de funcións por parte do goberno galego.

Por outra banda, a CIG exíselle a Medio Rural que convoque urxentemente o Comité de Saúde Laboral do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de cara a investigación do sinistro, revisión dos protocolos de emerxenza e da entrega por parte de Medio Rural da avaliación de riscos de todo o persoal, obriga ésta que aínda a Xunta de Galiza non ten cumprido e que dende a CIG vimos solicitando reiteradamente.

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...