Novas por contido

Nesta MSF a DXEP trasládanos o seguinte calendario de resolucións de adxudicacións de postos dos concursos de traslados e dos actos de elección de destino:

F0225 – Arqueoloxía; técnica de restauración; técnica de delineantes; de facultativas de arquivos, bibliotecas e museos; de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos; técnica de arquivos, bibliotecas e museos, e auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos: publican no DOG este venres 19 de xuño (toma de posesión en setembro).

F0325 - Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de veterinarias: publicarán o baremo provisional en xullo.

F0425 - Laboratorio, mantemento, limpieza, cociña, recursos naturais e forestais: publicarán entre o 22 e o 26 de xuño o resultado da adxudicación de postos e toma de posesión. Poderían tentar resolver en xullo, senón quedaría para setembro (1ª quincena).

F0326 - Corpo facultativo de grao medio, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil; corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala de axentes técnicos/as facultativos/as, especialidade de educación infantil; corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliar de coidadores/as: publicarán na 1ª quincena de xullo (toma de posesión o 1 de setembro). Tentarán que sexa nos primeiros días para que estea resolto a tempo e poder negociar as carteleiras antes da incorporación o 1 de setembro e antes do inicio das vacacións en agosto. Dende a CIG levamos varias mesas insistindo en que inclúan os procesos de oposición libre e, finalmente, confirman nesta mesa que si os incluirán.

F0426 - Corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de xerocultor/a, e do corpo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, corpo auxiliar, escala de persoal de servizos xerais (PSX): publicarán o baremo provisional en xullo.

Contacta coas túas delegadas e delegados da CIG para aclarares calquera dúbida ou escríbenos

Outras novas recentes

Mércores, 17 Xuño 2026

Xefaturas de sección (corpos xerais), sentenzas de destino definitivo, persoal veterinario e escolas infantís (MSF 17/06/2026)

Nesta Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, dende a CIG puxemos enriba da mesa as seguintes cuestións:A1-xefaturas de sección que non saíron no concurso de traslados; chamadas de Emprego Público indicando a persoas con tomas de posesión feitas que teñen que elixir outro destino (sentenzas de destino definitivo); aclaración sobre o persoal veterinario que superou concurso e...
Luns, 08 Xuño 2026

Inicio de curso nas escolas infantís

Na Comisión do venres 5 de xuño trasladamos o que xa rexistramos ante a Consellaría de Política Social a respecto do inicio de curso nas escolas infantís.  As familias nestes días de matrícula están preguntando polo inicio de curso, e as respostas actuais son, por unha banda, incertezas e, pola outra, temos a resolución publicada co inicio de curso para o día 4 de setembro...
Xoves, 11 Xuño 2026

Modificación da RPT de Medio Rural

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Rural vén de presentarnos unha modificación da RPT da Consellería de Medio Rural. As propostas que inclúe son: A creación de 15 postos de axentes UDEX (Unidade de Directores/as de extinción), dos cales un sería de axente coordinador/a autonómico e dous postos de axentes coordinadores/as. A inclusión de 6 postos de persoal...