Novas por contido

Nesta Mesa Sectorial de Persoal Funcionario (MSPF), dende a CIG puxemos enriba da mesa as seguintes cuestións:A1-xefaturas de sección que non saíron no concurso de traslados; chamadas de Emprego Público indicando a persoas con tomas de posesión feitas que teñen que elixir outro destino (sentenzas de destino definitivo); aclaración sobre o persoal veterinario que superou concurso e concurso-oposición; escolas infantís: manteñen tomas de posesión o 1 de setembro e comezo de curso o 4 dese mes.

A1 - Xefaturas de sección en corpos xerais que non sairon no concurso de traslados

Pedimos que aclaren que van facer con estes postos. A DXEP confirma que non se poden incluír no listado de postos a ofertar no próximo acto de elección de destinos xa que, como noutras ocasións, deben ofertarse nun vindeiro concurso de traslados. Este sería o caso das que hai no Consorcio e das xubilacións noutras consellarías.

Emprego Público chama a persoas con tomas de posesión asinadas para que elixan outro destino debido a sentenzas de destino definitivo

Trasladamos que nos están contactando persoas que ocupan postos con tomas de posesión asinadas incluso hai 8 meses ou que participaron no actual concurso de traslados, e que as están chamando para comunicarlles que teñen que elixir outro destino, xa que o que elixiran (ou, incluso, no que levaban meses incorporadoas) está afectado por unha sentenza con destino definitivo.

Dende a CIG entendemos que a única solución é duplicar prazas, pero a DXEP contesta que procederán como están procedendo. É dicir, non hai transparencia nesta xestión dunha situación que continuará sucedendo ao longo dos meses.

Criterios de actuación co persoal veterinario que superou o concurso e o concurso oposición

O 29 de xaneiro convocáronse dous procesos selectivos de persoal veterinario, un como oposición e outro como concurso-oposición. Nun deles, aínda que non está resolto, superaron o 2º exercicio menos persoas que prazas. A falta de que finalicen, parece que vai haber persoas que aproben os dous procesos. Preguntamos como vai proceder a Xunta nestes casos. Sería convinte que os criterios que se aplican no caso de procesos da Lei 20/2021 se apliquen aquí tamén, e se hai persoas que decaen dun proceso por ter aprobado o outro, as prazas que fican vacantes sexan cubertas por outras persoas que aprobaron os exames pero quedan sen praza. Ante esta cuestión a DXEP confirma que, efectivamente, farán como propoñemos.

Adxudicacións de postos e eleccións de destino nas escolas infantís

Debido ás datas nas que nos atopamos, xa na recta final de curso das escolas infantís, queremos insistir na proposta que fixemos hai días dende a CIG, tanto á Consellaría de Política Social como a Emprego Público, en dous sentidos:

  • O destinos terían que estar adxudicados alomenos a finais de xullo, xa que a continuación terían que poder ter todas as traballadoras os seus horarios e negociar cos comités de empresa estas carteleiras. Pensamos que é fundamental que sexa así, porque non existe outra opción para que as traballadoras poidan conciliar. Se pretendían dar os horarios de traballo o 1 de setembro, eliminarían a posibilidade de que as persoas traballadoras exerzan os seus dereitos a pedir unha redución de xornada ou unha flexibilización horaria.  A DXEP di que si que terán os horarios a finais de xullo para poder negociar as carteleiras.
  • O inicio de curso continúa marcado para o 4 de setembro e non parece que teñan interese en mover a data, así que explicamos na mesa, de novo, o argumento dende a CIG para que teñan en conta a solicitude de por que un curso académico é imposible que inicie ben tendo que ter listo en tres días as direccións a dedo, as entrevistas individuais coas familias, a adxudicación de persoas titoras a cada aula, as xuntanzas de aula, as xuntanzas de centro, programacións, etc. Non esquezamos que o 97% do cadro de persoal vai a estabilizar e se moverá de escola.

Seguiremos loitando en cada mesa de negociación polos dereitos de todas e todos nós!

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...