Novas por contido

O programa non tan oculto: o PP non convocará ofertas de emprego público durante toda a lexislatura

Convencidos da súa próxima vitoria, a poucos días das eleccións xerais, os dirixentes do Partido Popular abandonan o calculado recato co que adoitan expor o seu programa.

Jorge Fernández, vicepresidente 3º do Congreso e candidato por Barcelona, vén de anunciar nun encontro con empresarios que o PP conxelará a oferta de emprego público durante a vindeira lexislatura. Isto significará a non contratación de novos empregados públicos (nin por promoción interna nin por novo ingreso). 

Dada a total paralización dos procesos pendentes no ámbito da Xunta, desde a CIG-Autonómica preguntámonos se o Goberno galego está a agardar a que Mariano Rajoy adopte medidas como as anunciadas que afecten as Ofertas de Emprego Público de todas as Administracións do Estado.

Entre os indicios para a preocupación, está a publicación no DOG do 09/11/2011 do Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 14/2010, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autonoma de Galicia para o ano 2011, en cuxo punto 1º A) disponse que "a Comunidade Autónoma de Galicia comprométese á súa plena adecuación á correspondente lei de orzamentos xerais do Estado de cada ano, non incluíndo a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012 excepción ningunha á taxa de reposición de efectivos da oferta de emprego público non recollida na correspondente Lei de orzamentos xerais do Estado."


Texto íntegro da nova en Europa Press:

BARCELONA, 7 Nov. (EUROPA PRESS) -
O vicepresidente terceiro do Congreso e candidato do PP por Barcelona, Jorge Fernández, comprometeuse a que, se goberna logo do 20 de novembro, o seu partido impulsará nos primeiros 100 días unha reforma laboral que, entre outras medidas, reduza a entre 3 e 4 as tipoloxías de contrato.
Nunha conferencia ante o Círculo de Economía comandada polo presidente da institución e exlíder do PP catalán, Josep Piqué, situou a reforma laboral entre as medidas máis urxentes que debe afrontar España para saír da crise, polo que advertiu que se sacará adiante "si ou si" con independencia de se se logra ou non consenso ao respecto.

Ante unha nutrida representación de empresarios cataláns e dirixentes do PP, Fernández desgranou algunhas das principais medidas económicas que o seu partido impulsará se goberna, entre as que ha situou a conxelación da oferta pública durante a próxima lexislatura, é dicir, a non contratación de novos funcionarios.


Fonte: Europa Press

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...