Novas por contido

Noutras administracións este dereito aparece recollido en diferentes normas de xeito indefinido mentres para o persoal da Xunta de Galiza vai en función das instrucións ditadas a comezo de ano pola Consellaría de Facenda.

Todos os anos se viña dispoñendo nas instrucións de horarios que dita anualmente a consellaría de Facenda que o 24 e 31 de decembro non serían hábiles agás para o persoal dos rexistros. Este ano, o día 24 e 31 de decembro cadran a sábado. Os ditos días son inhábiles para efectos laborais con carácter xeral na Xunta de Galiza, así como en todas as demais Administracións do Estado. Deste xeito,  o persoal da Xunta de Galiza estamos a perder dous días libres no noso calendario laboral.

Na Administración do Estado aparece compensada esta situación, a través da Resolución do 20/12/2005 (BOE 27/12/2005), que é a instrución de horarios de Función Pública do Estado. Aparece tamén compensados estes días para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galiza (DOG 23/04/2009). En todas as universidades galegas e en diversos concellos do noso país aplícase tamén a mesma compensación.

Desde a CIG-Autonómica solicitamos á consellaría de Facenda que se compensen os días 24 e 31 de decembro de 2011 con dous días a maiores co fin de evitar agravios comparativos coas empregadas e empregados públicos doutras administracións. Máxime tendo en conta que no caso do persoal de Xustiza na comunidade autónoma de Galiza, este goza deses dous días adicionais a través dunha norma que emana da mesma Administración Autonómica.

Outras novas recentes

Mércores, 22 Outubro 2025

Aprobadas as convocatorias de promoción interna de corpos xerais, e modificación puntual RPT PS (CP 21/10/25)

Asistimos á Comisión de Persoal do 21/10/25, onde quedaron aprobadas as bases dos procesos selectivos de promoción interna a corpos xerais (A1, A2, C1 e C2). Tamén quedou aprobada unha modificación puntual da RPT de Política Social para executar unha sentenza que afecta a tres postos da escala de Traballo Social. Na rolda aberta de intervencións falouse das prazas “con...
Xoves, 23 Outubro 2025

Resumo da Comisión de Seguridade e Saúde Laboral da Consellaría do Mar

Na xuntanza da Comisión de Seguridade e Saúde laboral da Consellaría do Mar, celebrada o pasado 16 de outubro tratouse a problemática do radón, os resultados das avaliacións de risco (AR) de varios servizos, a necesidade de formación en condución segura así como aspectos relacionados coa roupa de traballo. Medicións de Radón. Das medicións levadas a cabo nos centros da...
Venres, 24 Outubro 2025

A CIG reclama unha suba do 5% para o persoal empregado público e unha cláusula de garantía salarial vinculada ao IPC

A Área Pública da CIG (Administración, Ensino e Saúde) vén de iniciar a recollida de sinaturas da Proposición Non de Lei (PNL) para blindar por lei a revalorización salarial na administración xeral, o ensino e a sanidade  A Área Pública da CIG  compareceu en rolda de prensa este luns para reiterar as demandas para garantir a recuperación da capacidade adquisitiva do...