Novas por contido

                                      O 23 de marzo abriuse o prazo para a solicitude dos primeiros cursos que a CIG-Administración Pública organiza na comarca de Compostela. O departamento de Formación da CIG elabora, ao abeiro do actual Acordo de Formación Continua nas Administracións Públicas, diferentes accións formativas dirixidas a este colectivo de traballadores/as en activo. Todos os cursos son de carácter gratuíto e terán lugar nos locais de forGA Compostela (Milladoiro),  de luns a venres. As accións formativas comezarán no mes de abril e a súa programación estenderase ata decembro de 2009. Podedes atopar a listaxe de cursos no cartafol de "Formación" da  zona de descargas ou a través do seguinte enlace. 

Para solicitar calquera destes cursos debes presentar, dentro das datas de rexistro de solicitudes habilitadas para cada actividade: a folla de inscrición debidamente cuberta, unha copia do NIF e un certificado da última nómina. Podes empregar calquera dos seguintes medios:

  • Por correo electrónico: compostela@forga.org

  • Por fax: 981.94.16.28

  • En persoa: nos locais de forGA-Compostela na rúa das Palmeiras 21-A, Polígono Empresarial Novo Milladoiro, en Milladoiro-Ames.

A selección farase por rigoroso orden de rexistro de entrada. Establécese unha cota de reserva para cada uns dos sectores da Administración Pública que non contan con plan de formación específico. De non cubrirse a cota nun dos sectores acumularíase ás solicitudes de outro con maior demanda. Para ampliar información podes mandar un correo electrónico á dirección anterior ou chamar ao tlf: 981.94.16.29

Outras novas recentes

Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...