Novas por contido

XORNADAS TÉCNICAS DE PREVENCIÓN DE RISCOS EN OURENSE

Duración 10 horas: Repartidas en  dúas tardes de 17 a 21 horas
Sen limite de prazas
Prazo máximo para inscribirse ata 8 días antes do seu comezo.


Riscos Biolóxicos: 25-26 DE MAIO
Xornada dirixida ao persoal sanitario (auxiliares clínica, enfermería, persoal médico, persoal laboratorio , etc…)

Ergonomía e Mobilización de Cargas: 14-15 OUTUBRO
Xornada dirixida a todo o persoal da Xunta e altamente recomendábel para o persoal que faga mobilización e transporte de cargas

Prevención de Riscos e EPI nos Incendios Forestais: 26-27 DE OUTUBRO

Xornada dirixida ao persoal do SPDCIF e persoal de loita contra incendios

Contaminantes Químicos nos Traballos de Limpeza: 2-3 DE NOVEMBRO

Xornada dirixida ao persoal de limpeza dos centros da Xunta de Galiza


Para inscribirse chamar a CIG 988 233 850 ou ben a través de calquera das delegadas e delegados sindicais da CIG de Ourense

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...