Novas por contido

A Comisión de Persoal do 13 de decembro aprobou as propostas de modificación das relacións de postos de traballo (RPT) do Instituto Galego de Estatística, da consellaría de Sanidade-Sergas e da consellaría do Mar, presentadas pola Administración, co voto en contra da CIG. É significativo que ningunha desas modificacións contou co apoio de ningunha das organizacións sindicais presentes.

A modificación da RPT da consellaría de Traballo e Benestar, referente a cambios nas escolas infantís adiase para votala xunto cunha corrección de erros da RPT da consellaría para o vindeiro venres. Descarga a documentación da corrección de erros.

Previamente á Comisión de Persoal, na Mesa Xeral de Empregados Públicos do día 7 de decembro sobre as mesmas modificacións de RPTs, a CIG argumentamos o que sería o sentido do noso voto, en contra:


Instituto Galego de Estatística

Estamos en contra da amortización de dous postos base C2, dun total de 5 da unidade.

O posto de técnico facultativo medio, nivel 18, escala estatística que abren a outras administracións:

  • Os representantes do IGE quedaron en pasarnos documentación conforme o posto quedou vacante en concursos, como xustificación a abrila a outras administracións. O que nos achegan é un escrito da presidenta do tribunal de selección, explicando que vai quedar un posto vacante, opinando sobre a imposibilidade de utilizar as listas, e que é fundamental cubrilo mediante persoas doutras administracións. Non entendemos que pinta nesto un escrito dun membro dun tribunal de selección.

  • Que haxa problemas para utilizar as listas é algo que a propia Administración pode solucionar se quixer.

  • Traer xente doutras administracións non vai supoñer ningún aforro.

  • Temos "indicios" de que a apertura do posto non se fai por interese xeral, senón para traer a unha determinada persoa do Instituto Nacional de Estatística.

Din que existe un acordo de reciprocidade entre o IGE e o INE. Non nos consta que fósemos escoitados, polo que ao tratarse de materia de persoal, non lle damos validez a ningún acordo deste tipo sen a negociación cos representantes dos traballadores e traballadoras.


RPT de Sanidade-Sergas (agás persoal veterinario)

Na Mesa Xeral do 7 de decembro solitáramos a retirada do punto da orde do día pola falta de negociación previa da consellaría e pola ausencia de información do custo da modificación. Non fixeron nin caso, a directora de Recursos Humanos non se presentou e a representante que enviou  limitouse a dicir obviedades. No que si foi clara é que a RPT é insuficiente, pero como Facenda impide ampliar o gasto en persoal recorren ao persoal estatutario que é máis doado de mover. Solicitamos que constase en acta esa aseveración, que admite a presenza irregular de persoal  nos Servizos Centrais.

Alén disto, o 1 de xaneiro do 2012 (falta menos dun mes) a RPT vai cambiar pola desaparición das Direccións Provinciais do Sergas da Coruña e Ourense, algo no que fixemos fincapé para denunciar o sistema de xestión de persoal desta Consellaría.

Só aceptaron as dúas "consideracións" que fixo no seu informe Función Pública: os subinspectores sanitarios (nivel 22) non poden ser de LD e a experiencia para as seccións de informática pode ser mérito, pero non requisito.

Tiran para diante e seguen na súa liña: facer reunións sen contido para aparentar negociación, non cumprir prazos nin atender reclamacións, facer como que non oen cando denunciamos irregularidades e practicar a política de feitos consumados, que logo pasan por calquera mesa de negociación para formalizala.


RPT de Traballo e Sanidade

  • Solicitamos que os postos de TEXIS nas E.I. de Sta. Mª de Orza e do Sagrado Corazón sexan de xornada completa.

  • Non estamos de acordo con que se supriman os postos de subalternos nas E.I. de Marín e de Celeiro.

  • Posto creado de peón de mantemento na Residencia de Maiores do Ferrol: esixen permiso de condución. Este posto crease para darlle destino ao amortizado na E.I., a quen non se lle pediu permiso de condución no seu día, polo que queremos que se elimine este requisito.

  • Solicitamos que o orzamento sobrante sexa investido nas própias escolas infantís.


RPT do Mar

Trátase dunha modificación motivada pola execución dunha sentenza xudicial que obriga a crear unha praza. Co que non estamos de acordo é coa amortización doutra praza vacante que realiza a consellaría para "compensar".

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...