Novas por contido

O pasado venres 16/12/2011 as 11 horas, tivo lugar unha xuntanza sindical e representantes da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas para tratar a RPT da Axencia Galega de Infraestruturas.

A representante da administración intenta xustificar a amortización de postos e a creación dos novos asegurando que só son cambios denominación e o que queren é  recoller todos os postos necesarios para o funcionamento da Axencia Galega de Infraestruturas nesta RPT e así cumplir coa legalidade vixentes.

Desde a CIG alegamos o seguinte:

  • Votamos de menos unha memoria económica; observamos que hai notables variacións entre os postos que se amortizan e os que se crean e sospeitamos que están aproveitando para destruír emprego.

  • Inda que a lei indique que os servizos serán por libre desinganción, evidentemente criticamos esta imposición e pedimos que sexan por concurso.

  • Non aceptamos a apertura de postos a outras administracións mentres non haxa acordo de reciprocidade, máis cando son postos de nivel, e da impresión que por ser LD ten que ser obrigatorio abrilos a outras administracións.

  • Tamén criticamos a “titulitis” que padece esta consellería: moitas prazas con licenciatura en dereito e outras con varias titulacións, algunhas mesmo contraditorias ou polo menos que non teñen que ver unhas con outras como enxeñeiro/a de camiños e licenciatura en económicas.

  • Criticamos tamén que prazas que está abertas a corpos especias deberan ser do xeral, e algunha ao contrario: por exemplo as prazas de Xefatura de Area de Contratación están abertas a Administración Xeral/Especial, cando esta praza pide en titulación 2004 (enxeñaría de camiños, canais e portos) 2022 (licenciatura en ciencias económicas) 2062 (licenciatura en dereito) ou a praza de Xefatura do Servizo de Apoio Técnico cando pide titulación 2004; 2062 e 3007 (enxeñaría técnica de obras públicas).

  • Tampouco podemos estar conforme que á Xefatura de Sección do Parque Móvil lle poñan en formación específica 518 (enxeñeiro/a técnico/a como mérito); todos os demais postos que pidan méritos ou experiencia específica pedimos que os eliminen e que utilicen a EGAP para formar o seu persoal. En todo caso preferimos que conste como mérito e nunca como requisito imprescindíbel.

  • Os cambios de denominación dos postos moitas veces non son só iso, senón que implican moito máis; poñemos como exemplo que capataz de brigada e celador son a mesma categoría do grupo III-23, diferenciase en que o capataz de brigada en teoría ten mando sobre dúas cuadrillas e o celador sobre máis e na práctica o celador ordena e organiza unha zona mesmo os trabalos das empresa subcontratadas.

  • Preguntamos tamén que vai pasar co persoal que non tendo praza na DX de Infraestruturas presta servizo alí, por exemplo persoal informático, persoal subalterno...

  • Tamén preguntamos cando ten pensado entrar en funcionamento esta axencia, así como que vai a pasar co persoal legoeiro pendente da toma de posesión, tendo en conta que se amortizan varias prazas.

Toman de novo a palabra os representantes da administración para aclarar algunha que outra cousa que se comentou e din o seguinte:

  • Revisarán todas as prazas para ver os erros que hai entre a memoria funcional e as equivalencias; din que o valido e o listado de equivalencias.

  • Tamén revisarán as prazas abertas a outras administracións (A11) e pasaran as que poidan a adscrición exclusiva ao persoal da Xunta (AXG).

  • Revisarán tamén titulacións para non entrar en contradicións.

  • O tema de prazas abertas a administración especial, non ven que haxa ningún problema e tratan de xustificalo con argumentos  peregrinos, como por exemplo que o xefe de area de contratación é da administración especial e este fai moi ben o traballo.

  • Os postos que amortizan son vacantes puras.

  • Pola toma de posesión de legoeiros  que non nos preocupemos hai vacantes suficientes e vaise a facer como sempre.

  • Con respecto o persoal da Consellería que presta servizos na Axencia, seguirá transitoriamente prestando estes servizos ata que a Axencia teña persoal propio para estas funcións.

  • Non contestan a pregunta de cando vai a entrar en funcionamento a Axencia.

Outras novas recentes

Mércores, 10 Setembro 2025

Concursos: a única solución duplicar os postos e resolver con celeridade

Centos de compañeiros e compañeiras  acudiron ás asembleas organizadas pola CIG para falarmos dos concursos de traslados e os destinos dos procesos selectivos.  A única solución que albiscamos dende a CIG, e que puxemos sobre a mesa nas asembleas e contou co respaldo das persoas asistentes, é a duplicación dos postos onde sexa necesario para evitar a perda de postos no...
Venres, 12 Setembro 2025

A CIG demanda o establecemento dunha cláusula de garantía salarial para o persoal empregado público

Desde o ano 2010 o persoal empregado público perdeu máis dun 20% de poder adquisitivoA CIG rexistrou esta mañá unha Proposición non de Lei para que o Parlamento de Galiza inste á Xunta a dirixirse ao Goberno do Estado para que presente de inmediato unha proposta lexislativa que estableza unha cláusula de garantía salarial para o persoal empregado público, de xeito que os...
Venres, 12 Setembro 2025

A DXEP non se compromete a estender a solución mais aló das 8 prazas do concurso de enxeñarías, arquitecturas e ciencias

Emprego Publico convocounos a unha reunión o venres 12/09/2025 para dar explicacións sobre a solución que lle quere dar ao bloqueo do concurso de enxeñarías, arquitecturas e ciencias:  • Das 292 persoas dos concursos de enxeñarías, arquitecturas e ciencias, tomarán posesión todas menos as 8 persoas que teñen adxudicados postos afectadas por medidas cautelares, que o farán...