A CIG ven de elaborar un informe sobre o Real Decreto-Lei 3/2012, no que se recollen os termos da actual Reforma Laboral. Descargar aquí
Este Informe, publicado baixo o título “Apontamentos Comparativos e Comentados sobre a Reforma Laboral de Febreiro de 2012”, se compón de sete apartados nos que se comparan os contidos da anterior normativa e a recentemente aprobada sobre esta materia:
1. Intermediación laboral.
2. Formación Profesional Para o Emprego.
3. Contratación.
4. Modificación das condicións de traballo.
5. Modificación da negociación colectiva.
6. Extincións dos contratos de traballo.
7. Conciliación vida laboral, familiar e persoal. Vacacións.
Podes consultar este informe, e todos os anteriormente publicados, na seguinte ligazón