A crise política e de valores do PP faise patente no inicio da campaña eleitoral en Ferrol. Os nervos a perdar o poder fanlle amosar o seu verdadeiro rostro.
{youtube}trevoCwJXSI{/youtube}
A CIG denuncia a carga policial e a detención e torturas padecidas polo compañeiro Xesús A. López Pintos, responsábel da central sindical na comarca de Ferrol. Estas actitudes, veñen demostrar a política represiva da que se vale o PP para acalar e reprimir todas aquelas voces que se levantan contra as súas medidas antisociais e antiobreiras.
Esta foi a secuencia dos feitos:
Na noite do 4 ao 5 de outubro, coincidindo co comezo da campaña electoral, desenvolveuse unha manifestación convocada polos comités de Navantia e Poligal, diante dun hotel de Ferrol no que se estaba a realizar o acto inaugural da campaña do Partido Popular. En determinado momento o alcalde de Ferrol e o Presidente da Deputación de A Coruña abandonan o local pola porta de atrás no medio dun amplo dispositivo da policía nacional e local e son increpados polos Traballador@s por non ser capaces de dar a cara e saír pola porta principal como fixeron o resto de asistentes ao acto electoral do PP. Nese momento a policía carga contra os manifestantes e varios policías sinalan a Pintos, Secretario Comarcal da CIG en Ferrol e foi seguido:
Dunha agresión colectiva de varios policías que o firen na fronte e que teña que recibir puntos de sutura no ambulatorio ao medio da noite
Arresto e condución aos calabozos da comisaría,
Illamento e privación do dereito á asistencia letrada de confianza,
Malos tratos físicos (golpes e porrazos) e vexacións psicolóxicas contra él e contra una organización legal ao longo de toda a noite
E, finalmente, posta a disposición xudicial, xa ben avanzada a mañá do día 5 baixo os cargos de delito electoral, desordens públicos e atentado á autoridade (os feitos están a vista nas gravación das cámaras).
O policía que realizou tamaña covardía xá foi denunciado no xulgado; mas a iso sumase a conivencia de toda unha comisaría de policía que mira para outro lado en tanto se están a cometer estes feitos delictivos. O PP responde con agresións, malos tratos e torturas a quen se atreve a denunciar as súas políticas antiobreiras, utilizando para iso á policías ben dispostos a seguir as súas indicacións e a conivencia doutros moitos. Se o PP quere demostrar que isto non é así, terán que abrirse os expedientes necesarios e depurarse todas as responsabilidades, e o PP é quen ten os fíos necesarios para facelo.
A realidade que estamos a vivir é moi grave e para todos aqueles/as que pensan que isto non lles afecta porque nin son sindicalistas, nin son funcionarios/as, nin lles quitaron dereitos. Que non se chamen a enganos porque o recorte de dereitos laborais é unha realidade que xa padecemos todos nós, empregados públicos entre outros, e a que nos recorten os dereitos civiles a nós e ao nosos fillos/as, só estamos a un paso, imos camiño da longa noite de pedra.
Polos que conseguiron os dereitos que agora nos quitan, polos que hoxe en día están a seguir defendéndose destas agresións e polos que o día de mañá nos virán a suceder non deixemos que gañe estas eleccións o PP. Sería un suicidio para todos/as.