A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos, da que forma parte a Área Pública da CIG (CIG-Ensino, CIG-Administración e CIG-Saúde) fai un chamamento a participar nas manifestacións convocadas en todas as comarcas para manifestar o rexeitamento ás políticas antisociais e regresivas que vén aplicando o PP, tanto para os servizos públicos, en xeral, como para a destrución de emprego público en particular. Medidas que constitúen un ataque sen precedentes aos dereitos individuais e colectivos das galegas e galegos, pero tamén das empregadas e empregados das distintas administracións públicas.
A Coruña : Praza de Pontevedra- 19:00 h
Compostela: Alameda- 19:00 h
Ferrol : Praza de España – 19:00 h
Lugo: Edificio Admtvo Xunta- 19:00 h
Ourense: Pavillón dos Remedios- 19:00 h
Pontevedra: Praza da Ferrería -20:00 h
Vigo: Vía Norte- 20:00 h
Nova xornada de protestas
Os traballadores e traballadoras da administración pública continuaron este xoves pasado co calendario de mobilizacións en contra dos recortes laborais, salariais e sociais impostos polos Gobernos do PP e na defensa duns servizos públicos de calidade. O persoal protagonizou protestas diante dos distintos centros de traballo (edificios administrativos, centros hospitalarios, delegacións, oficinas da Seguridade Social, xulgados, etc.) espallados por toda Galiza.