Máis que CIG-Autonómica

A páxina web da CIG xa está dispoñíbel para todas as empregadas e empregados públicos dende a intranet corporativa da Administración Galega, onde poderás consultar novidades e eventos, descargar arquivos e resolver dúbidas.

A día de hoxe, a maioría dos/as empregados/as públicos da Xunta de Galiza teñen acceso somentes ao intranet corporativo, non a internet, polo que so poden aceder a aqueles webs explicitamente autorizados polos responsábeis políticos da nosa administración. Agora, ao recibir o noso web autorización expresa, todo o persoal terá acceso ao web da CIG, tanto dende internet como dende a intranet.

Dende xa, está da tua man ter información directa, estar ao tanto do que se coce, facer consultas.., xa non precisas, xa non precisamos, o papel.

Un proxecto de vagar

Vai xa para dous anos que a CIG comezou os primeiros movementos para a apertura do dominio cigadmon.gal á intranet. Escritos e xuntanzas con altos cargos non deron froito. Sendo técnicamente doado, os responsabeis tecnolóxicos da Xunta non puxeron impedimentos. Porén, petamos unha e outra vez co noso querido Santiago Roura, ex-secretario xeral de Presidencia, quen, ben por iniciativa propia, ben por mandato, impediu o libre aceso á información sindical da CIG dende a intranet.

Xa coa asesoría xurídica da CIG en marcha para interpoñer demanda xudicial, fixemos un último intento, agora co goberno do PP. E para nosa sorpresa, en dez minutos tiñamos un compromiso de permitir o acceso dende a intranet. Ese mesmo dia o Director de Función Pública convocou a todos os sindicatos para informarlles.

A CIG non pode mais que recoñecer o valor de quenes, sabedores de que no noso web van recibir criticas, tiveron a decencia de facilitar algo que, polas boas ou pola via xudicial, iamos conseguir. Cando o fan mal escoitase a voz da CIG, pero nesta ocasión temos que recoñecerlles esta decisión que vai permitir a todo o persoal que traballa cun ordenador, conectarse á CIG de primeira man.

Convidamoste a visitar, e participar, en: http://autonomica.cigadmon.gal

Nota final: se non tiveses aceso ao web da CIG-Autonomica dende a intranet, contacta connosco.

Outras novas recentes

Xoves, 18 Mai 2023

Acordo FISP (borrador 16/05/23)

A Dirección Xeral de Función Pública remitiu aos sindicatos unha nova versión do "Acordo de Farmacéuticos/as Inspectores/as de Saúde Pública". Aceptaron varias alegacións sindicais sobre o primeiro borrador (que eran erros de bulto). Temos novo período para alegar este segundo texto, ata o 24 de maio, e esperemos ter ao menos unha mesa de negociación coa consellaría de...
Xoves, 25 Mai 2023

Cobertura de prazas de Medio Rural e a funcionarización

Nova oferta de comisións de servizo e chamamentos polas listas de contratación para a cobertura de prazas no Servizo de Incendios (SPIF) Nestes días estamos a vivir un novo episodio do caos que se está a producir co proceso de funcionarización do SPIF. Dende a Consellería de Medio Rural enviáronos unhas listaxes con prazas para a súa cobertura mediante comisión de servizos...
Xoves, 25 Mai 2023

Os negocios da Vicepresidencia Segunda da Xunta co Colexio de Psicoloxía de Galiza e coa Asociación Nacional de Peritaxe Social

A saturación nos equipos psicosociais dos IMELGA, da Xunta de Galiza, que presentaban un atraso na elaboración de informes periciais, nalgunhas delegacións de ata 2 anos, foi unha das críticas expostas polo propio Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) na apertura do ano xudicial en setembro de 2022. A resposta inicial da Xunta foi o incremento de horas extras do...