Máis que CIG-Autonómica

O Xulgado do Social nº 2 de Ferrol vén de condenar solidariamente a Ana María Díaz López, directora xeral de Colocación e Formación da Xunta de Galiza, polo despedimento dunha traballadora que compaxinaba o traballo como empregada do seu fogar e no bar da familia sen contrato e, en consecuencia, sen dar de alta na Seguridade Social. Unha situación que se prolongou do 30 de xuño de 2008 ao 18 de xaneiro de 2009.

A sentenza recolle, como feitos probados, que a traballadora foi despedida pola Directora Xeral, e como fundamentos de dereito, que traballaba ademais, como axudante de cociña.

Desde a CIG de Ferrol, Francisco Cartelle, membro da executiva Confederal,  explica que o xulgado acordou enviar unha copia da sentenza á Inspección de Traballo e Seguridade Social, xa que a responsábel da Xunta procedeu ao despedimento da traballadora sen que previamente se dese de alta na Seguridade Social, “prestando servizos  laborais de modo ilegal e clandestino”.

A condena solidaria implica á empresa, á Directora xeral, o seu pai e o seu irmán por ter creado confusión xurídica entre as dúas relacións laborais, e terán que pagar unha indemnización á traballadora.

Cartelle sinala que “agora será, en boa lóxica, a propia consellaría de Traballo da Xunta de Galiza, a que deba explicar a correspondente sanción por falta grave”, e engade que “estaremos atentos a ver como se executa dita sanción e cando”.

Desde a CIG de Ferrol afirman que “resulta absolutamente imposíbel reducirmos as listas de espera e combatermos a fraude laboral, cando disto participan, en condicións de excepcionalidade, os máis altos responsábeis da propia consellaría de Traballo”.

Para Francisco Cartelle resulta “sorprendente” que desde a Presidencia da Xunta, que tanto se gabou de austeridade e legalidade, “aínda non se tomara ningunha medida con tal exemplar responsábel pública”.

A CIG exixe o inminente cesamento da Directora Xeral e unha resposta exemplar en materia de sancións por parte da consellaría de Traballo, único xeito de diminuír a precariedade laboral e a fraude á normativa laboral, de Seguridade Social e Fiscal.

Outras novas recentes

Mércores, 20 Setembro 2023

Actualización das axudas de custe de quilometraxe e xantar

Na nosa Administración temos postos itinerantes, postos con xornadas especiais e alongadas, e moitas outras situacións de traballo nas que se require traslado en coche propio, xantar e mesmo durmir fóra. En todos os casos, as cantidades indemnizadas levan 18 anos sen actualizarse (30/12/2005). Na CIG levamos solicitado, tanto no marco estatal como no autonómico, a...
Martes, 19 Setembro 2023

Resumo da xuntanza co DXFP por múltiples asuntos (14 e 15/09/23)

Asistimos a xuntanzas co director xeral de Funcion Pública (DXFP) os días 14 e 15 de setembro, para falarmos de múltiples asuntos que poderían ser do teu interese. Negociación de procesos selectivos (e promoción interna) Queixámonos porque de acceso libre xa se examinaron e sería de sentido común que tomaran posesión a P.I. antes que o acceso libre. Ademais en decembro...
Mércores, 20 Setembro 2023

Boletín Sindical Confederal nº 69

A Confederación Intersindical Galega publica o nº 69 do seu Boletín Sindical.