Máis que CIG-Autonómica

Dentro da campaña a prol da recuperación real e efectiva do poder adquisitivo do persoal empregado público, a CIG-Administración ten convocada unha concentración o vindeiro 12 de xullo, ás 11:30 horas, diante da Delegación do Goberno na Coruña. O obxectivo desta campaña, que se desenvolverá ao longo de todo o ano, é que nos orzamentos da Xunta e do Estado para 2023 se contemplen toda unha serie de medidas para facer fronte á carestía da vida.

Desde o roubo do ano 2010, no que sufrimos unha perda de poder adquisitivo do 8%, a evolución dos salarios foi negativa (agás nos anos 2014 e 2015, debido á inflación negativa ou do 0%) até 2018, ano no que comezou unha tímida recuperación. Porén, no ano 2021 e 2022, como consecuencia da desbocada inflación, a perda de poder adquisitivo acumulada desde o ano 2010 do persoal empregado público é do 17,30%.

Neste senso, no sector público sofrimos un empobrecemento progresivo, até o punto de que o persoal das categorías e grupos máis baixos da administracións só viron actualizados os seus salarios grazas ao incremento do SMI.

Diante desta situación a CIG-Administración propón un incremento salarial do 5% en cada unha das tres anualidades do período 2022-2024, para poder recuperar o poder adquisitivo perdido, ademais do establecemento dunha cláusula de garantía salarial por desviación do IPC e a recuperación da retribución básica completa no importe das pagas extraordinarias de todos os grupos, que foron reducidas polo Real Decreto Lei 8/2010.

Xornada de 35 horas

A CIG-Administración Autonómica propón tamén o estabelecemento dunha xornada máxima de 35 horas semanais, como unha medida de reparto do traballo ante unha galopante taxa de paro que xa é estrutural no mercado de traballo galego. Necesitamos reducir a xornada nos cómputos anuais, semanais ou establecendo días concretos de descanso nos calendarios.

Defendemos que se estabelezan en cada administración marxes de flexibilidade no cumprimento da xornada, que fagan posíbel a conciliación da vida familiar e laboral, fixando un horario mínimo de referencia para permanecer no posto de traballo.

Acabar coas horas extraordinarias e a taxa de reposición

Para a CIG-Administración é imprescindíbel acabar co abuso das horas extraordinarias, derivadas en moitos casos da propia perversión da taxa de reposición que, so pretexto do control do gasto, impide a creación de prazas pero non limita a ampliación das xornadas laborais mediante horas extraordinarias, que se teñen que retribuír co incremento do gasto correspondente. No mesmo sentido, reivindicamos a eliminación da nefasta taxa de reposición que leva provocado a asfixia funcional das administracións, a privatización dos servizos e a precarización do persoal.

Con estas medidas poderíase mudar radicalmente a situación. Non podemos permitir que no momento no que o IPC está disparado, se pretenda impor un Pacto de Rendas para que a clase traballadora e, por conseguinte o persoal do sector público volva cargar nas súas costas cos efectos dunha nova crise.

 

Outras novas recentes

Luns, 27 Marzo 2023

Concurso traslados, promoción interna, destinos, FISP, plan igualdade, excedencias, substitucións, grupo B, RPTs (máis información da CP ...

Resumo dos “rogos e preguntas” da Comisión de Persoal do pasado 22 de marzo e Mesa Xeral do 17, onde o director xeral de Función Pública deu a información que trasladamos. Concursos de traslados: esiximos comezar a negociar todos os concursos (xeral, especial, escalas, e persoal laboral). Hai que comenzar xa a negociación, máis tendo en conta os tempos que manexa Función...
Luns, 27 Marzo 2023

Acordo biólogos/as de zona, RPTs (Mar e Política Social), equivalencias funcionarización (resumo da CP e MX 22/03/23)

O pasado 22 de marzo tivo lugar unha xuntanza da Comisión de Persoal e da Mesa Xeral na que se trataron os seguintes asuntos: condicións de traballo de biólogos/as de zona, RPT do Mar, RPT de Política Social, modificación das equivalencias de funcionarización. Acordo sobre as condicións de traballo de determinadas prazas adscritas aos servizos periféricos da consellería do...
Venres, 24 Marzo 2023

A EGAP mantén a discriminación no acceso aos cursos formativos

No último Consello Reitor da EGAP (decembro de 2022) indicouse por parte dos seus responsables un cambio nos criterios de selección motivado pola imposta obriga legal de facelo, dados os criterios discriminatorios e excluintes empregados até decembro de 2022, e que prexudicaron a tantas persoas que durante moitos anos se lle denegou, primeiro, facer cursos da EGAP, e...