O Tribunal Supremo confirma, e fai firme, a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza presentada pola CIG sobre a discriminación do persoal descontinuo no cobro do plus de funcións da empresa pública Seaga.
A sentenza do TSXG confirmada ditaminaba:
La decisión de la dirección de la EP SEAGA SA de atribuir, por medio de dos instrumentos de ordenación de las relaciones laborales, al personal denominado 'discontinuo' menor sueldo y derechos profesionales que los reconocidos al personal denominado 'continuo o permanente' es contraria al derecho a la igualdad y no discriminación y al derecho a la libertad sindical en su vertiente de negociación colectiva. Y en virtud de tal declaración, condene a la demandada a estar y pasar por la misma y a equiparar a las personas trabajadoras con relación laboral indefinida y/o interina de carácter discontinuo con los derechos otorgados a las personas trabajadoras con relación laboral indefinida y/o interina de carácter continuo.
A empresa pública SEAGA decidira unilateralmente asignar un plus de funcións a unha parte do seu cadro de persoal, o persoal contínuo, deixando fóra ao persoal descontinuo. Impuxera a súa decisión sen acordo coa parte social. A CIG presentou demanda ante o TSXG que ditou sentenza nos termos expostos. SEAGA presentou recurso ante o TS, que confirma a sentenza e declara a súa fixeza. Agora a empresa pública SEAGA ten que acatar o que a CIG xa lle reclamou na mesa de negociación: o plus de funcións ten que abonarllo a todo o seu persoal, sen discriminacións.