Novas por contido

Fartas xa desta Adminstración Pública que mingunea ao persoal que traballa nas cociñas de xestión da Xunta de Galiza e pisa os dereitos do persoal non docente nos centros de ensino públicos, convocámoste á movilización que terá lugar o vindeiro día luns 30 de xuño ás 11 horas que partirá dende diante da Consellaría de Educación nos edificios administrativos de San Caetano, rúa Otero Pedraio, Compostela. 

  • Pola negociación dun Acordo de condicións de traballo, que recupere e mellore os dereitos do V Convenio, para todo o persoal non docente, da administración e servizos dos centros de ensino (PAS)
  • Polo encadre das escalas segundo a titulación requirida para o acceso como laborais de acordo coa LEPG e o EBEP. 
  • Pola eliminación da Agrupación Profesional e a promoción ao C2
  • Pola separación das escalas de axudante de cociña e camareira-limpadora
  • Por unha estrutura profesional nas cociñas, oficiais de 1º (xefes/as cociña-B), oficiais de 2º (C1) e axudantes (C2). 
  • Esiximos a negociación de ratios para o persoal non docente, subalterno e limpador, que hoxe na pública, xa superan aos da privada. 
  • Pola negociación das funcións de todo o persoal non docente dos centros de ensino públicos e parar así os abusos que sofren. 
  • Pola recuperación salarial, rebaixada tras a funcionarización

Para asistir á manifestación do 30 de xuño estamos a organizar autobuses dende as diferentes comarcas: se queres vir con nós contacta coa CIG:

Outras novas recentes

Domingo, 15 Xuño 2025

Oposicións varias: persoal subalterno; profesorado numerario-procesos de cultivo acuícola; mestras/es de taller-servizos ao buque; escalas ...

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza para o luns 16/06/25 ás 12.00 h da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, coa seguinte Orde do día: OPOSICIÓN: ESCALA DE PROFESORADO NUMERARIO DE INSTITUTOS POLITÉCNICOS MARÍTIMO-PESQUEIROS, ESPECIALIDADE DE PROCESOS DE CULTIVO ACUÍCOLA (A1) Proposta de Resolución...
Venres, 13 Xuño 2025

Acordo Illas, RPT MACC, concurso escalas sociais, oposicións SPIF e AP-RRNN. E información xeral (resumo 12/06/25)

[Nova reeditada ás 19:01 do 13/06/2025] O xoves 12 de xuño participamos en tres xuntanzas, nas que quedou aprobado o acordo de condicións de traballo do Parque das Illas Atlánticas, a RPT da CMACC e a convocatoria do concurso de traslados das escalas sociais. Na Mesa Xeral e na Mesa Sectorial de Persoal Funcionario tratamos as bases das convocatorias de procesos selectivos...
Venres, 20 Xuño 2025

Aire acondicionado no Consorcio: teremos que esperar a outra pandemia ou á emerxencia climática?

Denunciamos o maltrato institucional a persoas anciás e crianzas e o incumprimento da normativa en Prevención de Riscos Laborais para o persoal traballador Moitas das escolas infantís da rede Galiña Azul e os Centros de Atención a Persoas Maiores (CAPM) xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar carecen de sistemas de climatización. Estes días de...