Novas por contido

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza para o luns 16/06/25 ás 12.00 h da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, coa seguinte Orde do día:

OPOSICIÓN: ESCALA DE PROFESORADO NUMERARIO DE INSTITUTOS POLITÉCNICOS MARÍTIMO-PESQUEIROS, ESPECIALIDADE DE PROCESOS DE CULTIVO ACUÍCOLA (A1)

Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesorado numerario de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos de cultivo acuícola.

OPOSICIÓN: ESCALA DE MESTRAS E MESTRES DE TALLER DE INSTITUTOS POLITÉCNICOS MARÍTIMO-PESQUEIROS, ESPECIALIDADE DE SERVIZOS AO BUQUE (A2)

Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de mestras e mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de servizos ao buque.

OPOSICIÓN: ESCALA TÉCNICA DE COCIÑA (C1)

Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de cociña.

OPOSICIÓN: ESCALA AUXILIAR DE COCIÑA (C2)*

Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de cociña.

OPOSICIÓN: ESCALA AUXILIAR DE COIDADORAS E COIDADORES (C2)

Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna no corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadoras e coidadores.

OPOSICIÓN: ESCALA DE PERSOAL SUBALTERNO (AP)

Proposta de resolución pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal subalterno.

Toda esta documentación foi enviada aos sindicatos ás 10.24 h do 12 de xuño.

Incrumprimento da Lei de emprego público na convocatoria da escala técnica de cociña (C2)

*Nesta proposta de escala técnica de cociña (C2) piden o título de técnico/a, en contra da Lei de emprego público, recoñecendo o problema da falla de titulación técnica requirida, e tentando arranxalo pola porta de atrás: esixen o título de técnica/o de cociña ou gastronomía, e no C1 requiren técnica/o ou técnica/o especialista. Con isto están a xerar  inseguridade nunha convocatoria que pode ser impugnada por non cumprir a Lei de emprego público e que, por outra banda, mantén a rebaixa nos grupos das escalas de cociña.

Casualmente envían a documentación tan só un día despois de que a CIG-Autonómica difundísemos a convocatoria de manifestación do persoal non docente e de cociñas da Xunta para o vindeiro 30 de xuño.

Nomenclatura machista e I Plan de Igualdade "floreiro" da Xunta

Salientamos o incumprimento reiterado da normativa de igualdade por parte da DXEP, así como tamén o incumprimento do propio plan de igualdade da Xunta, que como prognosticamos na CIG, ía ser un plan floreiro, e isto é unha proba máis: a diagnose concluía que, no referido a procesos de selección e contratación “Debe usarse unha linguaxe inclusiva na denominación das escalas de persoal funcionario e nas categorías profesionais do persoal laboral”, motivo polo que se lle encarga dentro do plan de igualdade á DXEP que o corrixa cunha periodización 2023-2024-2025:

Garantir que a publicación/difusión das convocatorias de procesos selectivos se realiza en linguaxe inclusiva. Revisar e verificar o emprego da linguaxe e imaxes inclusivas e non sexistas na documentación oficial dos procesos de selección de prazas. Prestarase especial atención ás nomenclaturas das escalas, especialidades ou categorías profesionais, que deberán ser actualizadas. Obxectivo Integración do principio de igualdade no acceso ao emprego público e previr a discriminación por razón de sexo no acceso.

Chegadas/os a 2025, todo segue igual que antes do plan de igualdade e das leis de igualdade, coas mesmas nomenclaturas machistas.

Se tes algunha achega, fáinola chegar canto antes!

Outras novas recentes

Xoves, 09 Xullo 2026

Coeficientes redutores de Gardacostas: a consellería segue inactiva e non cumpre

O luns 06/07/2026 tivemos unha xuntanza coa Consellería do Mar pola pretensión desta de iniciar un novo procedemento para o acceso á aplicación dos coeficientes redutores ao existir unha nova norma. Como xa dixemos aquí, o novo decreto é máis restritivo, pon máis atrancos e é menos garantista. A consellería pretendeu colar que a vía aberta pola CIG ao promover o...
Venres, 10 Xullo 2026

Listaxes provisionais de axudas aprobadas do Fondo de Acción Social

No DOG do 10/07/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes provisionais de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade. Fan...
Mércores, 15 Xullo 2026

Concurso Específico de persoal técnico de Medio Rural: a crónica dun concurso á carta

O martes 14 de xullo, discutimos con Medio Rural a súa proposta de Concurso Específico para os postos de xefaturas de distrito forestal. Constatouse unha máxima da moi rica e variada gastronomía galega: igual que temos caldo de repolo, de nabizas ou de grelos coas miles de variantes comarcais e incluso familiares, a Xunta pretende emulala nos concursos específicos.  O...