Novas por contido

[Nova reeditada ás 19:01 do 13/06/2025]

O xoves 12 de xuño participamos en tres xuntanzas, nas que quedou aprobado o acordo de condicións de traballo do Parque das Illas Atlánticas, a RPT da CMACC e a convocatoria do concurso de traslados das escalas sociais. Na Mesa Xeral e na Mesa Sectorial de Persoal Funcionario tratamos as bases das convocatorias de procesos selectivos a: Bombeiro/a forestal e B.F. condutor (grupo V-14 e V-14A), xefe/a de brigada (III-100), e Agrupación profesional de recursos naturais e forestais.

Acordo das Illas Atlánticas

Partíamos dunha organización do traballo do século pasado, e pese a ser un servizo estratéxico e cun orzamento importante, o funcionamento rozaba o esperpento, con quendas de traballo de 24 horas de traballo 7 días seguidos, como único habitante nalgunha das illas durante ese tempo.

Faltan cousas, como axustar as diferenzas no complemento de insularidade, mellorar os descantos e os ciclos de Traballo/Descanso. Pero o Acordo é un primeiro paso para dignificar o traballo destes compañeiros e compañeiras.

Despois de anos de negociacións, con numerosas paralizacións por parte da consellería, por fin chegamos a un acordo, co voto favorable dos catro sindicatos con representación na Comisión de Persoal (CIG, CCOO, CSIF e UGT).

Relación de postos de traballo de Medio Ambiente e Cambio Climático

Incidimos nos erros nas denominacións. Ten creacións e amortizacións de postos. Os catro sindicatos abstivémonos.

Concurso de traslados de escalas sociais

Aínda que é urxente convocar os concursos, non poden nin darnos tempo para ver as cousas. Esiximos á Administración que convoquen todas as prazas, que as que retiren queremos que as motiven unha a unha, e que teñen que vir cos deberes feitos. Entendemos que o concurso é absolutamente necesario. CIG e CSIF votamos a favor. CCOO e UGT abstéñense.

Convocatoria de proceso selectivo a bombeiro/a forestal, B.F. condutor, e xefe/a de brigada

Son prazas de persoal laboral, da OEP-2023. Vai ser por concurso-oposición 20/80 (solicitamos 40/60). Queremos que o corte do 1º exercicio poida baixar ata o 40% ata completar 4 persoas por praza. A proba física que sexa unha proba de resistencia (apto/a-non apto/a), e non de velocidade (puntuar por tempos). Máis peso para a experiencia. Rexeitamos a valoración de cursos de universidades privadas. En xefe/a de brigada rexeitamos o dobre corte do primeiro exercicio. Preguntamos (sen resposta) pola valoración dos tempos de inactividade do persoal descontinuo. A DXEP afirma que os exames non serán coincidentes (distintos horarios). Todo iso, xunto con máis cousas que dixemos, irán nas alegacións que temos que presentar ata o 26 de xuño.

A DXEP manteñen o exame para decembro, pero por cuestións organizativas non publicarán ata setembro, polo que nas bases porán que o exame non será antes de 3 meses.

Convocatoria de proceso selectivo a Agrupación Profesional-Recursos naturais e forestais

Son 7 prazas de persoal funcionario, antigos V.10F (peón forestal), do 2023, que convocan mediante oposición. Solicitamos concurso-oposición. Que haxa promoción interna horizontal. Que o corte poida baixar ata o 40% ata completar 4 persoas por praza. Presentaremos alegacións antes do 26 de xuño.

A DXEP manteñen o exame para decembro, pero por cuestións organizativas non publicarán ata setembro, polo que nas bases porán que o exame non será antes de 3 meses.

Rolda aberta de intervencións

Laborais en excedencia que reingresan a posto funcionario en adscrición: preguntamos pola situación destas persoas que nin poden concursar por non ser persoal funcionario, nin teñen posto definitivo, polo que pasado o concurso e as eleicións de destino serán adscritos/as novamente a outro posto. A solución que propón a DXEP é que se poidan funcionarizar nunha futura repesca.

Persoas en adscrición por motivos de saúde, e que veñen dunha adscrición provisional por destino provisional. Os postos que ocupan non poden ser ofertados na primeira fase. Pero tampouco en resultas porque non poden concursar ao non ter destino definitivo. Pedimos á DXEP unha solución. Resposta que o estudarán.

Concurso de traslados do personal laboral fixo do Consorcio. A DXEP di que non poden participar neste concurso porque está pendente de rematar o proceso de funcionarización. CIG esixe celeridade nos proceso de funcionarización.

Carreira profesional: a DXEP mantén que a negociación será en xuño.

Outras novas recentes

Mércores, 17 Xuño 2026

Xefaturas de sección (corpos xerais), sentenzas de destino definitivo, persoal veterinario e escolas infantís (MSPF 17/06/2026)

Nesta Mesa Sectorial de Persoal Funcionario (MSPF), dende a CIG puxemos enriba da mesa as seguintes cuestións:A1-xefaturas de sección que non saíron no concurso de traslados; chamadas de Emprego Público indicando a persoas con tomas de posesión feitas que teñen que elixir outro destino (sentenzas de destino definitivo); aclaración sobre o persoal veterinario que superou...
Xoves, 18 Xuño 2026

Contra o decretazo nas listas de substitución da Xunta: folga de 1 hora

Dado que a Administración segue adiante coa aplicación do Decreto 40/2026, que modifica o 37/2006 de listas de substitucións chamamos a todo o persoal que forma parte das listas de contratación e ao que está en activo a una folga o vindeiro día 23 de xuño de 11h a 12h. Este problema afectanos a todas e todos. Ó persoal que forma parte das listas que ve recortados os seus...
Venres, 19 Xuño 2026

Plantón sindical a Educación na negociación da RPT ata que non negocie un acordo para o persoal non docente

O pasado venres 12 de xuño a Consellaría de Educación convocou ás OOSS para negociar unha modificación da RPT sen aportar documentación algunha o que precipitou ter que adiarse esa xuntanza para o día de hoxe, venres 19 de xullo a petición da parte social e logo de remitir un borrador para a mesa. Hoxe a CIG e as outras OOSS presente na mesa quixemos dar unha mostra clara e...