Novas por contido

O persoal do Servizo de Incendios mobilízase o xoves 30 de outubro en Compostela por un servizo público, digno e con garantías laborais. A manifestación saíra ás 11 horas da Consellaría de Medio Rural en San Lázaro e rematará diante do edificio da Xunta en San Caetano.

Dende a CIG-Autonómica denunciamos a situación de abandono, desigualdade e mala xestión que padece o persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) da Xunta de Galiza ao que ano tras ano e, durante as vagas deste verán, póñennos en risco de morte a nós e á poboación. Reclamamos un servizo de extinción de incendios 100% público e único, onde todo o persoal teña as mesmas condicións laborais e se garanta a súa saúde e seguridade.

Somos quenes estamos en primeira liña, quenes arriscamos a vida en cada lume, quenes sostemos o servizo con profesionalidade e compromiso. Pero o noso esforzo non se ve recoñecido pola Administración, que continúa ignorando as nosas demandas máis básicas.

Por iso reivindicamos con forza:

• Aumento do tempo de traballo para o persoal fixo-descontinuo de 8 a 12 meses. Queremos estabilidade e continuidade no emprego realizando as tarefas de prevención de incendios forestais e dando servizo ás multiemerxencias.

• Estender o Acordo do persoal funcionario do SPIF ao laboral. A igual traballo, igual salario e condicións laborais. Basta de discriminacións entre compañeiros e compañeiras que realizan as mesmas tarefas.

• Esiximos dignidade salarial e cobrar os complementos a mes vencido e que sexan fixos. Non máis caos nas nóminas nin atrasos inxustificados e que retribúan de oficio estes complementos nas vacacións e baixas, conforme á nova xurisprudencia.

• Denunciamos o descontrol e a mala xestión do persoal por parte da Consellería do Medio Rural na vaga de lumes. A descoordinación e a improvisación poñen en risco persoas e territorio, denunciamos que se contratou en plena vaga de lumes persoal sen darlles formación e sen adestramento.

• Denunciamos a falta de seguridade e saúde laboral:

As condicións das bases do servizo son pésimas.
Esiximos axilidade na desinfección e reposición dos EPIs, e vehículos.
Formación específica axeitada e previa ao comezo do traballo.
• Axilización dos trámites para a xubilación anticipada.

  • Cumprimento da Lei Básica de Bombeiros/as Forestais e posta en marcha dun Plan de Igualdade real

Ponte en contacto coa CIG e os teus delegados/as se queres vir no bus.

 

Outras novas recentes

Martes, 14 Outubro 2025

Manifestación de bombeiras/os forestais en Madrid o 18 de outubro

A CIG, que participa coa Plataforma de bombeiras e bombeiros forestais nesta loita, chama a todas as compañeiras e compañeiros do colectivo a participar nesta manifestación. COMUNICADO A realidade golpea con contundencia, as condicións climáticas mostran o novo camiño dun novo escenario moito máis complexo no mundo dos incendios forestais e as diversas continxencias que...
Martes, 21 Outubro 2025

Borradores dos procesos selectivos de corpos xerais, PSX, auxiliar de clínica e psicoloxía

Dende a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal remítenos os borradores de convocatorias dos seguintes procesos selectivos para alegacións ata o venres 31 de outubro ás 15:00 horas. Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de persoal de servizos xerais (PSX). PI. Descarga documentación Corpo de...
Martes, 21 Outubro 2025

RPT IGVS (para CP 24/10/25)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou unha xuntanza da Comisión de Persoal para o día 24 de outubro, co seguinte punto da orde do día: Proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Instituto Galego da Vivenda e Solo (iGVS) Esta proposto pasou pola Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario (MSF) o pasado...