Novas por contido

A CIG, que participa coa Plataforma de bombeiras e bombeiros forestais nesta loita, chama a todas as compañeiras e compañeiros do colectivo a participar nesta manifestación.

COMUNICADO

A realidade golpea con contundencia, as condicións climáticas mostran o novo camiño dun novo escenario moito máis complexo no mundo dos incendios forestais e as diversas continxencias que se xeran na contorna rural, cada vez máis abandonado e peor xestionado. No que temos que destacar a necesidade urxente dunha planificación preventiva de incendios forestais do territorio e os seus usos, limitando grandes cargas de biomasa e especies pirofitas e altamente inflamables, que poñen en risco, os recursos forestais e naturais, as poboacións e ao persoal que traballa na extinción.

O colectivo de bombeiros forestais é quizais o colectivo de protección civil con máis medios no territorio, e con máis capacidade operativa. Este persoal buscou o seu empoderamento desde hai moitos anos, por dúas causas fundamentais, para unha mellor protección do territorio e unha maior profesionalización do colectivo para unha maior eficiencia. Unha das consecuencias deste empoderamento foi sen dúbida a consecución, despois dunha durísima e longa loita, dun marco lexislativo, que xere o marco mínimo para o desenvolvemento dunha profesión tan importante como é a de bombeiro forestal.

E xorde a Lei Básica de Bombeiros Forestais, Lei 5/2024, é evidente que non é a lei tan completa que nós quixésemos, é evidente que é unha Lei aínda insuficiente, este é quizais o principal motivo polo que estamos aquí, debe crecer, debe ser máis segura en canto á protección da saúde do persoal traballador, debe ser máis ambiciosa, debe ser máis realista en base ao sucedido e ao que sen dúbida vai suceder, en canto ao incremento exponencial tanto do tamaño dos incendios como a súa capacidade, destrutiva, ademais cun proceso moi acelerado de modificación das condicións moito a peor.

Por tanto a nosa esixencia hoxe é:

  • RESPECTO, a un colectivo ao que na maioría do territorio do estado non se lle aplica nin tan sequera esta Lei Básica.
  • RESPECTO a uns/unhas traballadores/as ás que se lles trata cun concepto de temporalidade inasumibles, por tanto esiximos traballo para todo o ano para o colectivo.
  • RESPECTO, cuns soldos dignos e non uns soldos absolutamente escasos #ante as condicións que se teñen que enfrontar.
  • RESPECTO, coas súas condicións de saúde e recoñecemento das enfermidades profesionais dunha vez por todas, específicas e inherentes a esta profesión.
  • RESPECTO e dignidade para o noso colectivo

 

🚌 BUS MANIFESTACIÓN DE BOMBEIROS /AS FORESTAIS MADRID *18DE OUTUBRO.🚌

O día 18 de outubro convócase unha manifestación de bombeiros/as forestais de todo o Estado Español ás 11:00 da maña en Madrid.

A CIG como parte da plataforma convocante PASF, vai a por un bus que sairá na madrugada do día 18 dende Ourense, cun prezo de 15 € por persoa.

Si estás interesado e queres apuntarte chama aos locais da CIG ou a través do whatsapp apúntate aquí:

A semana seguinte o día 30 teremos a nivel galego, convocado pola CIG, outra manifestación en Santiago de Compostela, porque non podemos esquecer cas competencias de prevención e extinción de incendios é a Xunta de Galiza, gobernada polo Partido Popular, que é o culpable da precariedade, falta de previsión e da desorganización que sufrimos na ola devastadora de incendios deste verán.

Agora ou nunca, é o momento de asegurar o noso futuro.


✊MOVILÍZATE ! ✊

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...