Novas por contido

A CIG convoca asambleas por Galiza para tratar as cuestións que nos afectan ao persoal do servizo de incendios forestais (SPIF). Compre mellorar as condicións laborais e deter a suspensións dos contratos do persoal fixo-descontinuo ampliando o tempo de traballo a 12 meses xa no 2026. Conformarnos nun servizo público esencial nas multiemerxencias do medio natural e rural ademais de traballar na extinción e na prevención e poderiamos axudar na restauración e na contención do desastre ecolóxico e de saúde pública que se está a dar nas comarcas devastadas polos lumes deste verán. Noutras comunidades autónomas os seus gobernos xa melloraron as condicións laborais do seu persoal, pero a Consellería de Medio Rural ignora as necesidades do servizo de incendios e o abandona.

Non nos queda outra que loitar, polo que temos que preparar accións de cara á mellora das condicións laborais, os salarios e a seguridade no noso traballo. É por isto que xa nos manifestamos o 30 de outubro en Compostela e o 6 de novembro en Ourense. Pero agora tamén é necesario que entre todas e todos aclaremos as prioridades e as accións a desenvolver para conseguir avanzar en dereitos laborais, e por isto que contamos contigo nas vindeiras Asambleas.

 

Outras novas recentes

Venres, 31 Outubro 2025

Persoal de prevención e defensa dos incendios reclama un servizo 100% público e con dignidade laboral

Manifestáronse en Compostela para denunciar a situación de abandono, a desigualdade e mala xestión por parte da Xunta de Galiza.  9PxCsuxB4cQ   Arredor de 400 profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDIF) mobilizáronse este xoves dende a Consellaría de Medio Rural até o complexo administrativo de San Caetano para denunciar a situación...
Mércores, 05 Novembro 2025

Proposta de modificación RPT Adminstración Xeral e Especial. Postos con contacto habitual con menores (M.X. 07/11/25)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal vén de convocarnos para unha Mesa Xeral de Persoal Empregado Público para o vindeiro venres 7 de novembro na que como único punto da orde do día traen a proposta de modificación da relación de postos de traballo (RPT) da Adminstración Xeral e da Admisitración Especial da Comunidade Autónoma de Galiza. A...
Martes, 28 Outubro 2025

Convocatorias de concursos-oposicións de promoción interna aos subgrupos A1, A2, C1 e C2

No DOG do 28/10/2025 publican: - RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1. - RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna,...