Novas por contido

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal vén de convocarnos para unha Mesa Xeral de Persoal Empregado Público para o vindeiro venres 7 de novembro na que como único punto da orde do día traen a proposta de modificación da relación de postos de traballo (RPT) da Adminstración Xeral e da Admisitración Especial da Comunidade Autónoma de Galiza.

A proposta de cambio referida nas presentes PRT´s fai referencia a aqueles postos con contacto habitual con menores de idade e máis concretamente ao requisito para  estes postos dunha certificación negativa do Rexitro Central de delincuentes sexuais (artigo 57 da Lei Orgánica 8/2021, de 4 de xuño). Son considerados postos de traballo nos que a súa actividade implica un contacto habitual con persoas menores de idade cando se cumpre, cando menos, cunha das seguintes características:

  • Que o posto de traballo, pola súa propia natureza ou esencia, dispón dun contacto habitual con menores.
  • Que o posto de traballo ten como destinatario principal da súa actividade a persoas menores de idade.

Descarga de documentación

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...