Novas por contido

A CIG convoca unha asemblea aberta a través de internet para tratar as condicións de traballo do Persoal Non Docente dos centros de ensino, e do persoal de cociña en xeral.

Debateremos unha proposta de Acordo de dereitos laborais, e falaremos das accións de loita que podemos seguir.

Vai ser o mércores 15 de abril, ás 18:00 horas, a través de https://i.gal/pnd150426

A transmisión será en directo a través de Youtube. Durante o evento estará activo un chat para que poidas intervir.

Outras novas recentes

Luns, 13 Abril 2026

Xubilación anticipada para os Gardacostas: crónica dunha discriminación

Urxe desbloquear o expediente para a xubilación anticipada do persoal de Gardacostas. A falta de actuación tanto da Xunta, que non se adheriu ao procedemento, como do Estado, mantén paralizada a súa tramitación. O persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza continúa nunha situación de discriminación que, a día de hoxe, segue sen solución. Nos últimos días volvemos a instar...
Venres, 10 Abril 2026

Benvidos á loita do persoal non docente dos centros de ensino!

A publicación do comunicado de Comisións Obreiras segue o camiño impulsado pola CIG  e confirma a necesidade dunha resposta sindical unitaria ante o desleixo da administración co persoal non docente. Estamos ante unha oportunidade para reforzar a presión colectiva, é o momento de acadar un acordo de dereitos laborais XA! A CIG, xunto co persoal de administración e...
Xoves, 09 Abril 2026

Aprobadas as oposicións de vixilancia estradas-mobilidade

Asistimos á Comisión de Persoal do xoves 9 de abril, na que quedou aprobada a convocatoria do proceso selectivo de vixilancia de estradas e mobilidade (C1). PROCESO SELECTIVO VIXILANCIA DE ESTRADAS E MOBILIDADE A proposta inicial da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) consistía nun proceso coa forma de oposición na que non respectaban os...