Novas por contido

A proposta, aceptada por CCOO e UGT, e rexeitada pola CIG, ELA e CSIF, non compensa sequera a perda do poder adquisitivo que xa temos consolidada en 2022, de preto do 10%, a un trimestre de rematar o ano

A suba acordada para os anos 2022, 2023 e 2024 non chega a compensar a inflación de prezos que xa temos neste ano 2022. Neste sentido, hai que ter en conta que en setembro o IPC interanual situouse nun 9%, mais que estivo por riba do 10% boa parte do ano.

Goberno, CCOO e UGT están a propoñer para o actual ano 2022 un incremento do 3,5%, que en realidade inclúe o 2% que xa está aplicado dende xaneiro e ao que lle sumarían un pago único do 1,5% en decembro. Xa que logo, o persoal ao servizo das administracións públicas perdemos como mínimo un 5,5% de poder adquisitivo só no ano 2022.

Para 2023 o incremento sería do 2,5%, ao que se lle podería sumar un 0,5% máis en outubro en función do IPC harmonizado 2022-23 (se suma máis do 6%), e outro 0,5% se o PIB nominal do 23 supera a previsión do Goberno.

E para 2024 a suba salarial sería do 2% coa posibilidade de sumar outro 0,5% se o IPC 2022-2024 harmonizado supera o incremento salarial previsto.

Poñéndonos no mellor dos casos, no 2022 xa perdemos como mínimo un 5,5%, e en tres anos, tendo en conta a evolución do IPC do 2022 a 2024 en total podemos ir a un 10% de perda do noso poder de compra. A esto hai que sumar o que levamos perdido en anos pasados. Esto é o que asinan CCOO e UGT co Goberno do Estado e que venden como un logro.

Diante desta situación, a CIG convoca unha concentración para o día 14 diante da sede da Delegación do Goberno na Coruña na defensa dos dereitos das persoas empregadas públicas e da medida de baterías ante a carestía da vida que xa ten presentado ante o Goberno.

Outras novas recentes

Martes, 06 Mai 2025

Proposta modificación servizos veterinarios (05/05/25)

Ante a negativa unánime por parte das catro organizacións sindicais asinantes do acordo, remitirán en breve unha nova proposta na que quedaron en incluír as melloras organizativas.O pasado día 05 de maio de 2025 fomos convocados pola Consellería e Sanidade para unha xuntanza na que abordamos a proposta de modificación do acordo para a ordenación e mellora da prestación de...
Martes, 06 Mai 2025

Acceso e provisión de postos de traballo de persoas con discapacidade intelectual na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza

A Xunta levará á Comisión de Persoal do día 08/05/2025 o Anteproxecto de Decreto polo que se regula o acceso e provisión de postos de traballo de persoas con discapacidade intelectual na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e nas entidades  públicas instrumentais do sector público autonómico. Tal e como vos adiantamos nesta nova, a Xunta non aceptou a...
Sábado, 03 Mai 2025

A CIG toma as rúas o 1º de Maio para reivindicar traballo, dereitos e soberanía

Milleiros de persoas participaron nas 17 mobilizacións convocadas no Día Internacional da Clase Obreira ao berro de «Galiza contra as guerras!», sendo as principais coordenadas a denuncia e a loita contra as guerras imperialistas e a militarización da sociedade, contra a UE do capital e da extrema dereita e pola defensa dos servizos públicos, dos dereitos laborais e dun...