Novas por contido

“Algo é algo” ou “menos dá unha pedra”. Ambas expresións resumen á perfección a actitude servil amosada por CCOO, CSIF e UGT na Comisión de Persoal que tivo lugar o 2 de novembro onde, co único voto en contra da CIG, certificouse que o persoal empregado público galego continuará a perder poder adquisitivo.

A situación é verdadeiramente grave e ten o seu xerme no “pacto de perdas retributivas” asinado en Madrid por CCOO e UGT e que foi ratificado na Comisión de Persoal do 2 de novembro cos votos de CCOO, UGT e CSIF, que tragaron o caramelo envelenado en forma de suba do 1,5 % que o único que fai é atenuar unha continua perda de poder adquisitivo.

A realidade que amosan os datos é incontestable. A suba salarial prevista para este ano 2022 do 3,5 % (2% + 1,5%) amósase insuficiente nun contexto inflacionista cun IPC interanual do 7,3 % e que na práctica supón que a perda de poder adquisitivo dos salarios públicos galegos neste ano 2022 vai ser cando menos do 3,8 %.

O director xeral de Función Pública manifestou que “tentarán” que a suba do 1,5 % con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2022 se faga efectiva coa nómina de novembro.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...