Que é a CIG?

Índice do artigo

 

Cuestións xerais

Á dereita deste texto hai un índice do contido desta guía. Tamén podes moverte premento os botóns de dirección ("seguinte", "previa") que aparecen ao pé da nova.

URL de administración do webhttp://autonomica.cigadmon.gal/w2/administrator

Ollo con bloquear un contido: cando se entra a editar calquera contido (unha nova ou descarga), hai que sair gardando ou cancelando. Se pechamos o navegador sen máis, o contido queda bloqueado polo usuario e os/as demáis non poden editalo. Para desbloquealo hai duas opcións: ou entra o usuario inicial e sae gardando/cancelando, ou ten que facelo un administrador.


 

Guía de estilo

No web da  Autonómica utilizaremos unha estética e unhas formas similares en todas as novas.

REFERENCIAS TEMPORAIS

Non sabemos cando unha persoa vai ler unha nova. Por tanto, non utilizamos referencias relativas ("onte", "hoxe"), senon absolutas ("o luns 4", "o 04/02/2020" ..).

UTILIZAMOS A SEGUNDA FORMA DO SINGULAR, EN TROQUES DO PLURAL

Cando nos referimos ás persoas que nos len, facemos uso do singular en troques do plural. Así dicimos: "poñemos á túa disposición.." en troques de "poñemos á vosa disposición.."

NON IDENTIFICAMOS A PERSOAS OU CARGOS

Escribimos en nome da CIG-Autonómica, sen mencionar a identidade das persoas ou cargos que fan as cousas. Así, escribimos "A CIG-Autonómica presentou ..", "A CIG presentou..", e non "A secretaria nacional da CIG-Autonómica .." ou "O Secretario Xeral ...", ou "Fulanito Pérez dixo..".

UTILIZACIÓN CORRECTA DO IDIOMA

  • O que nos envíe a xente non hai que publicalo tal cual. Procuramos respetar o noso idioma.
  • Se unha palabra é un castelanismo, procuramos substituila pola forma correcta galega.
  • Os nomes dos meses e dias da semana van en minúscula.
  • Os cargos van en minúscula ("director xeral de Función Pública"). Os órganos en maiúscula ("Dirección Xeral de Función Pública").

TITULO ADECUADO

Se é posíbel respetamos o título. Pero..

  • Non pode ser excesivamente longo.
  • Procuramos que non se quede na xeneralidade. Que sexa un resumo do resto da información.
  • Que atraiga algo: en troques de poñer "Resumo da MX do 05/02/2020", mellor dicir "Concurso e oposicións corpos xerais (resumo da MX 05/02/2020)".

QUE O PRIMEIRO PARÁGRAFO ENGANCHE Á LECTURA

As primeiras frases son fundamentais para enganchar á lectura. Así que procuraremos que o primeiro parágrafo do corpo da nova veña a ser un resumo de toda a nova, ou que haxa algo que enganche a continuar lendo.

NON PASARSE COA EXTENSIÓN

Procuramos non pasarnos. O equivalente a unha páxina de papel é máis que abondo.

TROCEAR RESUMOS DE XUNTANZAS

Cando nunha xuntanza se tratan diferentes asuntos, como sería nunha Mesa Xeral, se a matería é suficiente interesante podemos trocear a nova en duas ou máis diferentes.


 

Organizacion da portada

Dividimos a portada en tres zonas diferenciadas:

Columna Que metemos Como facemos
Columna esquerda Contido xerado polo sector (denuncias, campañas..) En calquera categoría, activar "Destacado=si"
Columna central Información que parte de fora do sector (resumos de xuntanzas, convocatorias..) En calquera categoría agás "Novas de CIG-Admón. e confederación", e "Destacado=non"
Columna dereita (parte superior) Novas breves, unicamente visíbel o título Clasificar a nova na categoría "Anuncios breves", destacado=non
(parte inferior) Novas que non son do sector Clasificar a nova na categoría "Novas de CIG-Admón. e confederación", e "Destacado=non" 

 


 

Algunhas cousas a evitar no que publicamos no web

Título da nova:

  • Non poñas "punto final".
  • Non utilices maiúsculas en palabras completas.
  • Que non sexa excesivamente xenérico.

Corpo da nova:

  • Non utilices retornos de carro no medio de dous parágrafos.
  • Elimina os retornos de carro que vaian en solitario ao comezo ou ao final da nova.
  • Utiliza letra grosa e subliñado cando o necesites, pero non abuses.
  • Non pegues texto copiado dende outra fonte con formato (documentos de word, outros webs..) pois arrastra os formatos orixinais. No seu lugar pega no bloc de notas primeiro, e dende aí copia. Así elimínanse os antigos formatos.

  

Imaxes e descargas

  • Nome dos arquivos a subir: tanto os arquivos da zona de descargas como as imaxes que subamos, comezarán polo ano+mes+día, seguidos da descripción que queiramos. Seguiremos, xa que logo, a seguinte estructura: aaaammdd.lugar.n.jpg (ex. 20130216.Vigo.2.jpg, 20130216.Compostela.ConcentracionParlamento.jpg, etc.)
  • Eliminar un arquivo da zona de descargas: entrar a editar a descarga (dende menú "Inicio/Descargas" e seleccionar a descarga); xunto a aos botóns de gardar e cancelar, aparece eliminar.
  • Editar imaxes: os cartafoles poden crearse/eliminarse dende o Administrator; tamén dende aí poden visualizarse os arquivos, eliminarse, subir novos, etc.
  • Ligar imaxes externas: sempre que sexa posíbel evitaremos ligar imaxes a outros sitios, pois a imaxe pode desaparecer da súa fonte orixinal. No seu lugar, subiremos a imaxe ao noso servidor.

Tipos de imaxes:

  • Fotos para as  novas:
    • Dimensión máxima 800 x 450 pixels.
    • Compresión: entre 85 e 95 %.
  • Carrousel:
    • Dimensións exacta: 675 x 150 pixels.
    • Compresión: 85%.
    • Directorio: carrousel
  • Cartaces para columna dereita:
    • Dimensións: entre 170 e 210 195 de ancho (preferentemente achegar a 210 195)
    • Directorio: banners
  • Cartaces para columna central:
    • Dimensións: 280
    • Directorio: banners
  • Boletíns (imaxe previa para zona de descargas):
    • Dimensións: 210 x 297 píxels.
    • Directorio: boletins
  • CIG-Informa (para pegar como imaxe nas novas)
    • Dimensión 280 de ancho
    • Directorio: cig-informa

Cartafoles das imaxes:

  • atemporais
    • Contén imaxes que non corresponden a momentos concretos, reutilizables.
    • O nome dos arquivos non vai precidido por ningunha data.
    • Existe unha subdivisión nos cartafoles: centros, logos, personaxes.
  • banners
    • Son as imaxes que utilizamos para campañas puntuais, visibeis na columna dereita da portada.
  • boletins
    • Son as imaxes en miniatura dos boletíns que subimos á zona de descargas.
  • cig-informa
    • Para subir as imaxes de 280 pixels de ancho que irán dentro das novas, ligadas ao arquivo a descargar.
  •  carrousel
    • Son as imaxes que aparecen na parte superior da portada, e que van cambiando a cada poucos segundos.
  • photogallery
    • Imaxes dunha antiga galería que tiñamos instalada fai anos. Actualmente non a utilizamos.
  • senclasificar
    • Aquí van o resto das imaxes, todas precedidas da súa data (no nome do arquivo). 

 

Videos e audios

Para engadir un video de youtube poñemos: { youtube }id{/ youtube } , observando que no anterior hai que eliminar os espazos en branco (están metidos aquí para evitar que se interprete o código), e que o "id" se corresponde co id do video de youtube. Por exemplo, de: https://youtu.be/gp8LFhSI1sw , sería gp8LFhSI1sw

A maiores de youtube, para empregar outras fontes: https://www.joomlaworks.net/support/docs/allvideos (na parte final hai que empregar a barra de desprazamento horizontal).