Que é a CIG?

Índice do artigo

 

Guía de estilo

No web da  Autonómica utilizaremos unha estética e unhas formas similares en todas as novas.

REFERENCIAS TEMPORAIS

Non sabemos cando unha persoa vai ler unha nova. Por tanto, non utilizamos referencias relativas ("onte", "hoxe"), senon absolutas ("o luns 4", "o 04/02/2020" ..).

UTILIZAMOS A SEGUNDA FORMA DO SINGULAR, EN TROQUES DO PLURAL

Cando nos referimos ás persoas que nos len, facemos uso do singular en troques do plural. Así dicimos: "poñemos á túa disposición.." en troques de "poñemos á vosa disposición.."

NON IDENTIFICAMOS A PERSOAS OU CARGOS

Escribimos en nome da CIG-Autonómica, sen mencionar a identidade das persoas ou cargos que fan as cousas. Así, escribimos "A CIG-Autonómica presentou ..", "A CIG presentou..", e non "A secretaria nacional da CIG-Autonómica .." ou "O Secretario Xeral ...", ou "Fulanito Pérez dixo..".

UTILIZACIÓN CORRECTA DO IDIOMA

  • O que nos envíe a xente non hai que publicalo tal cual. Procuramos respetar o noso idioma.
  • Se unha palabra é un castelanismo, procuramos substituila pola forma correcta galega.
  • Os nomes dos meses e dias da semana van en minúscula.
  • Os cargos van en minúscula ("director xeral de Función Pública"). Os órganos en maiúscula ("Dirección Xeral de Función Pública").

TITULO ADECUADO

Se é posíbel respetamos o título. Pero..

  • Non pode ser excesivamente longo.
  • Procuramos que non se quede na xeneralidade. Que sexa un resumo do resto da información.
  • Que atraiga algo: en troques de poñer "Resumo da MX do 05/02/2020", mellor dicir "Concurso e oposicións corpos xerais (resumo da MX 05/02/2020)".

QUE O PRIMEIRO PARÁGRAFO ENGANCHE Á LECTURA

As primeiras frases son fundamentais para enganchar á lectura. Así que procuraremos que o primeiro parágrafo do corpo da nova veña a ser un resumo de toda a nova, ou que haxa algo que enganche a continuar lendo.

NON PASARSE COA EXTENSIÓN

Procuramos non pasarnos. O equivalente a unha páxina de papel é máis que abondo.

TROCEAR RESUMOS DE XUNTANZAS

Cando nunha xuntanza se tratan diferentes asuntos, como sería nunha Mesa Xeral, se a matería é suficiente interesante podemos trocear a nova en duas ou máis diferentes.