Novas por contido

Achéganos a Administración a listaxe de vacantes para a elección de destino dunha execución de sentenza da categoría 004, titulado/a superior, do grupo I de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia. Descarga as prazas ofertadas.

A CIG bota en falta máis prazas nesta oferta e fai as seguintes alegacións:


  • O Decreto 161/2005, de 16 de xuño, aprobou a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónomo de Galiza do ano 2005. Así, para o grupo I, categoría 004 titulado superior, ofertáronse 70 postos de traballo.

  • A Orde de 10 de xullo de 2008 pola que se procede ao nomeamento como persoal laboral fixo da Xunta de Galiza dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso á categoría 004 correspondente ao grupo I do  persoal laboral da Xunta de Galiza, polas quendas de promoción interna e cambio de categoría e acceso libre; 28 persoas que superaron o proceso selectivo e foron nomeadas persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

  • Dos 70 postos de traballo ofertados só foron resoltos 28, polo que restan 42 postos en situación de vacantes.

  • Destes 42 postos vacantes grupo I-004 só se ofertan 14 na elección de destino para a execución da sentenza. Así, a Admón fai  desaparecer 28 postos de traballo os que deberían incorporarse ao listado de postos para a súa elección.

  • Estes 28 postos non ofertados son os que se corresponden coa RPT de consolidación, 2ª parte da transitoria 10ª do V convenio colectivo único.

Conclusións:

  • A oferta de emprego público do ano 2005 convocou 70 prazas para a categoría 004 do grupo I, resolvéndose co nomeamento de 28 traballadores/as como persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

  • Se por sentenza xudicial firme hai que incorporar a un novo traballador/a, o número 29 en superar o proceso, haberá que ofertarlle un listado con 42 postos de traballo da categoría 1-004  para a súa elección de destino.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...